Xunta, Deputación D.O. Rías Baixas e Concello de Barro apoian a Festa do Viño coa presencia institucional de autoridades na súa apertura - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 16 de junio de 2012

Xunta, Deputación D.O. Rías Baixas e Concello de Barro apoian a Festa do Viño coa presencia institucional de autoridades na súa apertura

A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Barro apoian a Festa do Viño coa presencia institucional de autoridades na apertura da XXXIII edición.

Coa presencia por parte da Xunta do Delegado Territorial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o Xefe Territorial de Agricultura e Mar, Gerardo Zugasti, por parte da Deputación estivo presente a deputada delegada de Cultura e da zona de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez, e o alcalde de Barro, José Antonio Landín na apertura da mostra, outro ano máis, a Festa do Viño de Barro, obten o respaldo institucional para continuar a súa presencia dentro dos eventos fixos da Denominación de Orixe Rías Baixas. E outro ano máis tamén contouse coa presencia da Orde do Lagariño.

Tamén a nivel local membros da corporación municipal estiveron presentes, membros locais das forzas políticas, e representantes do mundo asociativo e cultural, así como veciños, que sortearon a inclemencias climatolóxicas.

Amenizaron o acto con música e floclore tradicional membros do grupo de danzas e gaiteiros de Amor Ruibal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario