VOZ DE BARRO CO CENTRO DE TRANSFUSIÓN CONVIDA AOS CIDADÁNS A PARTICIPAR NAS CAMPAÑAS DE DOAZÓN NO DÍA MUNDIAL DO DOADOR DE SANGUE - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 14 de junio de 2012

VOZ DE BARRO CO CENTRO DE TRANSFUSIÓN CONVIDA AOS CIDADÁNS A PARTICIPAR NAS CAMPAÑAS DE DOAZÓN NO DÍA MUNDIAL DO DOADOR DE SANGUE

§  O CTG lembra que, en Galicia, só doan 42 de cada 1.000 galegos e galegas polo que se fai preciso revitalizar o chamamento para aumentar as doazóns, especialmente nos meses de verán
 
O Centro de Transfusión de Galicia (CTG) convida a todos os cidadáns a conmemorar a data do 14 de xuño, Día Mundial do Doador de Sangue, participando activamente nas campañas de doazón. Ademais, o CTG quere amosar o seu recoñecemento a todos as persoas que, nalgún momento das súas vidas, teñen doado sangue, contribuíndo ao sostemento do noso sistema sociosanitario.

A Consellería de Sanidade e o CTG queren por en valor o imprescindible papel que xogan os doadores e doadoras de sangue no noso sistema sanitario, xa que, grazas a súa inestimable colaboración, todos os días poden levarse a cabo nos nosos hospitais unha media de 500 intervencións cirúrxicas, atender 3.000 urxencias e realizar tres transplantes de órganos e tecidos.

Probada solidariedade
Aínda que Galicia ten acadado dende hai doce anos as taxas de doazón recomendadas pola Organización Mundial da Saúde (OMS), lembrar que na nosa Comunidade tan só doan 42 de cada 1.000 cidadáns (cifra que supera en tres puntos á media de doazón estatal) polo que precisamos revitalizar o chamamento á participación dos cidadáns nas campañas de doazón de sangue.

Ademais, salientar que no transcurso do presente ano, os hospitais galegos necesitarán ao redor de 123.000 doazóns de sangue, das cales, a lo menos 40.000 precisáranse nos meses de verán.

O CTG salienta que Galicia ten amosado en repetidas ocasións o seu carácter solidario e, a xornada do Día Mundial do Doador de Sangue, permite salientar a contribución de galegos e galegas anónimos que todos os días posibilitan co xeneroso xesto da doazón, a permitir que moitas persoas solucionen graves problemas de saúde e, mesmo, salven a súas vidas. Deste xeito, el Centro de Transfusión de Galicia convida a todos os cidadáns a doar sangue nos vindeiros meses, xa que todos os días do ano, os nosos hospitais precisan unha media de 500 doazóns de sangue diarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario