Video da noticia: 23 adegas da DO Rías Baixas participan na Festa do Viño de Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 18 de junio de 2012

Video da noticia: 23 adegas da DO Rías Baixas participan na Festa do Viño de Barro.


Todos os que ata alí se achegaron puideron degustar ata 44 viños a prezos populares. O Pazo da Crega tamén acolleu a Cata Albariño Rías Baixas.
Os viños da DO Rías Baixas protagonizaron durante esta fin semana o sétimo Certame do Viño Rías Baixas e a trixésimo terceira edición da Festa do Viño de Barro. 23 adegas cun total de 44 viños, 15 máis que o ano pasado, puideron ser degustados ó longo destes días no Pazo da Crega. 
 
Amais, vinte caldos participaron o domingo na Cata Albariño Rías Baixas. A cor, a súa intensidade olfativa, a persistencia do gusto e unha valoración global foron os aspectos máis importantes que os sete catadores tiveron que avaliar.
 
Unha tarefa difícil, segundo os catadores xa que a calidade dos vinte albariños presentados á cata era similar.
Calidade que non só puideron constatar os confrades da Orde do Lagariño, encargados da cata, senón todos os que se achegaron ata a festa ó longo dos tres días. Ademais, o puideron facer a prezos populares de entre seis e oito euros.
 
E finalmente dos 44 viños procedentes das adegas de Rías Baixas, no Certame saíron vencedores Pazo da Bouciña c o primeiro premio, Señorío de Rubiós co segundo e o terceiro foi para Terras de Asorei.
 
Na modalidade de colleiteiros gañou José Manuel Luaña na categoría de brancos do país, José Corredoira en tintos do país, José Chao na de caíños e Restaurante Meli en albariños.



No hay comentarios:

Publicar un comentario