Así o confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na súa visita ás obras.
A partir deste venres 29 de xuño a Autovía do Salnés estará comunicada a través do nó de curro coa autoestrada AP-9. AsÍ o avanzaba esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruras, Agustín Hernández, durante a supervisión destas obras nas que a Xunta investe 39 millóns de euros.
Unha vez que se rematen os traballos que se están a levar na actualidade, co extendido da capa de rodarura polos catro carrís, o enlace permitirá reducir os problemas de retencións, tan habituais na época estival. O resto de traballos, nos diferentes ramais e concexións secundarias, finalizaranse durante os meses de verán.
Aínda que neste nó de curro queda preparado o paso da futura autovía Pontevedra-Vilagarcía, Hernández non quixo aventurarse a dar datas sobre o posible inicio deste proxecto.
O conselleiro asegurou ademais que o seu departamento está a traballar para que se axilice dende o Ministerio de Fomento a construcción da A-57 dende Curro a Ponteareas.
Redacción Salnés
jueves, 28 de junio de 2012
New
O nó de Curro ábrese ó tráfico este venres. VIDEO
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
xunta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario