Todos con "La Roja". selección española inaugura o campo de Pasarón o 7 de Setembro contra Arabia Saudí. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 30 de junio de 2012

Todos con "La Roja". selección española inaugura o campo de Pasarón o 7 de Setembro contra Arabia Saudí.


LOUZÁN CONFIRMA QUE A SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL INAUGURARÁ PASARÓN O VINDEIRO 7 DE SETEMBRO CUN PARTIDO CONTRA ARABIA SAUDÍ E QUE XOGARÁ UN PARTIDO EN VIGO NO 2013

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou hoxe, no curso do pleno celebrado pola institución provincial, que a Selección Española de Fútbol inaugurará o novo Estadio de Pasarón o vindeiro día 7 de setembro cun partido contra a selección de Arabia Saudí.

Louzán anunciou tamén que a Selección Española disputará un partido de fútbol en Vigo nunha data ainda por concretar do vindeiro ano de 2013 e que se chegou a un acordo coa Federación Española de Fútbol para a rehabilitación do campo de fútbol de Coia (Vigo).

O presidente da Deputación avanzou que, en próximas datas, se asinará un convenio coa Federación Española de Fútbol, a través dos seus máis altos responsables, para oficializar estes acordos xa acadados e que, con ese motivo, convocaráse unha rolda de prensa para pormenorizar esas e outras cuestións. O campo federativo de Coia _pertencente á Federación Española de Fútbol_ será rehabilitado despois de que a Deputación acordase con Angel María Villar remodelar as instalación para incrementar o seu uso e sacarlle máis rendimento social e deportivo. Un estudio encargado pola Deputación valorou os traballos precisos en 1,5 millóns de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario