A DEPUTACIÓN INSTALARÁ DÚAS PANTALLAS XIGANTES EN PONTEVEDRA E VILAGARCÍA PARA PODER SEGUIR A FINAL DA EUROCOPA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 30 de junio de 2012

A DEPUTACIÓN INSTALARÁ DÚAS PANTALLAS XIGANTES EN PONTEVEDRA E VILAGARCÍA PARA PODER SEGUIR A FINAL DA EUROCOPA

Louzán amosa o seu desexo de que España volva facer historia e se proclame campiona ante Italia

A Deputación Provincial de Pontevedra instalará o vindeiro domingo dúas pantallas xigantes en Pontevedra e Vilagarcía para que todos os que así o desexen poidan seguir a final da Eurocopa 2012 que disputarán España e Italia.
As pantallas estarán instaladas, segundo anunciou o presidente da deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, a partir das 8,30 da tarde na Praza da Ferrería en Pontevedra e no Parque Miguel Hernández de Vilagarcía.
Así mesmo, instalaranse cadeiras en ambas as dúas prazas aínda que, como sinalou Louzán, serán moitos os que decidan vivir ese partido con toda a intensidade pero de pe.
O presidente da Deputación amosou o seu desexo de que “por terceira vez consecutiva España volva acadar ese logro histórico, primeiro coa Eurocopa anterior, despois co Mundial e agora coa Eurocopa ante Italia”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario