Non faltaron a unha cita clásica na comarca, a XXXIII Festa do Viño de Barro, volveu a contar un ano máis coa presencia de distintas autoridades que así mostraron o seu apoio ó evento máis importante do concello.
O Presidente da Deputación, Rafael Louzán participou nos actos de onte domingo xunto ó alcalde de Barro José Antonio Landín. Tamén se achegaron ata Barro os alcaldes veciños, de Moraña, Luisa Piñeiro e Meis, José Luis Pérez.
Xa durante os días pasados estiveron o Delegado Territorial da Xunta, Cores Tourís ou a deputada delegada de cultura na Deputación, Ana Isabel Vázquez, ou o Xefe Territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti.
Tamén se deixaron ver polo Pazo da Crega durante a fin de semana e no brindis, os membros da Orde do Lagariño, o ex deputado Francisco Moldes, membros do goberno local como Manuel Rivas ou Manuel Fontan, o político local do PP, Faustino Batallán, ou o empresario de Transantonio, Antonio Vázquez.
Posteriormente e como xa é tradición, xuntos con máis de 200 persoas, celebrouse o xantar da Festa do Viño, e que por primeira vez, fíxose no interior do Pazo da Crega.
Tamén outro ano máis, os incondicionales da festa, foron o grupo de danzas "Amor Ruibal", que deleitou os tres días ós asistentes coa sua participación, e por primeira vez, unha das responsables do mesmo Anne Negreiro, bailou para todos coma sempre e xa no remate do acto, foi anunciado polo mestre Johnny Güimil, que o fixo agardando un neno, e de 6 meses. Parabéns dende Voz de Barro pola boa nova.
lunes, 18 de junio de 2012
New
O Presidente da Deputación e alcaldes da comarca non faltaron á cita da XXXIII Festa do Viño de Barro.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
Tourís
Etiquetas:
Anne Negreiro,
barro,
concello,
deputación,
Faustino Batallán,
Johnny Güimil,
landín,
Louzán,
Moldes Fontán,
pp,
Tourís
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario