• O informe de aforos amosa que as vías con maior intensidade media diaria (IMD) no 2011 foron a AG-55 (A Coruña- Carballo), con 13.259 vehículos diarios; a AG-56 (A Rocha- Brión), con 20.775 coches; ou a AG-41 (Curro- Sanxenxo), con 14.476
• A Xunta desenvolveu unha análise da evolución do tráfico na rede de estradas galegas nos últimos 5 anos, no período comprendido entre os anos 2007 e 2011
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinala que as autopistas e autovías galegas rexistraron unha media de máis de 10.000 vehículos diarios no ano 2011. Estas cifras foron constatadas tras a análise dos datos de aforos que a Xunta de Galicia vén elaborando cada ano.
O informe de aforos do departamento de Infraestruturas amosa que as vías con maior intensidade media diaria (IMD) no ano 2011 foron a AG-56 (Santiago- Brión), con 20.775 coches; a AG-41 (Autovía do Salnés), con 14.476; a AG-55 (A Coruña- Carballo), con 13.259 vehículos diarios; e a AG-11 (Autovía do Barbanza) con 12.714.
Cómpre salientar o notable incremento nos kms de VAC postos en servizo nos últimos anos, pasando de 258,24 km no 2007 a 379,22 km no 2011, un crecemento de preto do 47%.
No seguinte cadro pódense observar os datos de intensidade media diaria rexistrada nas principais autopistas e autovías galegas dende o ano 2007 ata o 2011. A continuación, pódese consultar outra táboa coas intensidades noutras vías de alta capacidade.
AUTOPISTAS E AUTOVÍAS | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | ||||||
AG-55 A Coruña- Carballo | IMD | 14.751 | 14.575 | 14.219 | 13.969 | 13.259 | |||||
A CORUÑA | AG-11 Padrón- Ribeira | IMD | en construcción | 8.993 | 12.396 | 12.991 | 12.714 | ||||
AG-56 A Rocha- Brión | IMD | en construcción | 17.457 | 18.611 | 19.875 | 20.775 | |||||
AG-58 Penelas- Cacheiras | IMD | en construcción | 2.110 | 2.608 | 3.082 | 2.873 | |||||
AG-59 Santiago- Pontevea | IMD | en construcción | 4.373 | 6.370 | 7.922 | 7.549 | |||||
A CORUÑA/ LUGO | AG-64 Ferrol- Vilalba | IMD | 6.738 | 6.729 | 5.932 | 5.679 | 6.034 | ||||
OURENSE | AG-53 Alto Sto Domingo- Barbantes | IMD | 5.086 | 5.474 | 6.649 | 7.269 | 7.312 | ||||
AG-54 AG-53- O Carballiño | IMD | en construcción | 5.471 | 6.016 | 6.153 | ||||||
PONTEVEDRA | AG-41 Curro- Sanxenxo | IMD | en construcción | 10.865 | 14.941 | 15.457 | 14.476 | ||||
AG-53 | IMD | 5.086 | 5.474 | 7.927 | 8.859 | 8.969 | |||||
AG-57 Baiona- Vigo | IMD | 8.197 | 7.772 | 7.677 | 7.914 | 7.462 |
Informe de aforos
O Goberno galego desenvolveu unha análise da evolución do tráfico na rede de estradas galegas nos últimos 5 anos, no período comprendido entre os anos 2007 e 2011. Esta análise lévase a cabo por provincias e subdivídese segundo o tipo de rede: vías de alta capacidade (VAC), vías de rede primaria básica (PB), vías de rede complementaria (PC) ou secundaria (S).
A Xunta de Galicia, dende o ano 1993, vén seguindo unha política de ampliación e mellora da rede de estacións magnéticas de aforo completando unha malla que abrangue a meirande parte das estradas da comunidade. Así, no ano 2011 explotáronse un total de 327 estacións, das que 198 foron fixas ou de detección magnética e 129 de detección pneumática.
Pontevedra
A provincia de Pontevedra, desde o ano 2007 ata o ano 2011, mantén estabilizada a lonxitude de estradas pertencentes a RAEGA. Os km de VAC tamén medran nesta provincia, pasando de 93,7 en 2007 a 108,7 en 2011. A IMD nas estradas convencionais experimentou no mesmo período un descenso do 4,7%, mentres que a porcentaxe de vehículos pesados aumentou 0,3 puntos. A intensidade nas VAC aumenta, xa que en 2007 rexistráronse 8.904 coches diarios e en 2011, 9.350. Este aumento repercute no tráfico das restantes estradas, que se ve diminuído, facilitando a circulación.
IMD | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 |
VAC | 8.904 | 8.539 | 9.047 | 9.362 | 9.350 |
PB | 8.532 | 8.267 | 8.047 | 8.058 | 7.712 |
PC | 4.730 | 4.501 | 4.508 | 4.439 | 4.328 |
S | 1.960 | 1.862 | 1.886 | 1.824 | 1.837 |
TOTAL | 4.786 | 4.623 | 4.660 | 4.650 | 4.563 |
A Consellería de Medio Ambiente lembra que todos estes datos de tráfico poden ser consultados na seguinte dirección: http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Infraestruturas_Estradas?content=Direccion_Xeral_Infraestruturas/Plan_aforos/seccion.html&std=plan-aforos.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario