§ O proxecto construtivo do treito da PO-531 entre Alba e Curro tamén estará aprobado dentro deste mesmo 2012
§ Hernández reuniuse hoxe cos representantes veciñais, aos que informou dos avances nesta infraestruturaO conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, mantivo esta mañá en Pontevedra unha reunión con representantes veciñais para informarlles dos avances na mellora da estrada PO-531 (Pontevedra-Baión).
A Consellería está a traballar nos proxectos dos dous tramos nos que se actuará. Así, o treito entre o PK 4+600 e 9+850, que deseña a mellora da PO-531 entre Alba e Curro, terá aprobado o seu proxecto construtivo antes de finais de ano.
Polo que se refire ao tramo entre os PK 0+500 e 4+600 (saída de Pontevedra ata a conexión coa PO-225 a Alba), no que se inclúe ademais a variante de Alba, Hernández sinalou que está previsto dispoñer do proxecto de trazado tamén antes de que remate o presente 2012.
A actuación coñecida como variante de Alba, levarase a cabo ao longo de 850 metros e complementa a mellora da capacidade da PO-531 entre Pontevedra e Curro, que se transformará nunha vía urbana co obxectivo de compatibilizar o tráfico coa actividade existente na súa marxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario