URGENTE: Dende hoxe e ata o 28 de Xuño cortes na Autovía do Salnés pola conexión co nudo de Curro e a AP9 - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 20 de junio de 2012

URGENTE: Dende hoxe e ata o 28 de Xuño cortes na Autovía do Salnés pola conexión co nudo de Curro e a AP9

MEDIO AMBIENTE REALIZARÁ DESVÍOS NA AUTOVÍA DO SALNÉS DENDE MAÑÁ ATA FINAIS DE MES CO OBXECTIVO DE ESTENDER A CAPA DE FIRME NO TRAMO ENTRE O ENLACE DE CURRO A AP9

§         Estas actuacións permitirán que a AG-41 poida funcionar con dous carrís por sentido desde o enlace coa AP-9 no mes de xullo, reducindo así as retencións
§         A maioría dos cortes de tráfico realizaranse pola noite para producir menores afeccións aos usuarios

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas realizará cortes na autovía do Salnés (AG-41), entre os pk 0 e 1+200, dende mañá ata finais de mes co fin estender a capa de rodadura desta infraestrutura viaria, é dicir, entre o tramo que vai dende o Enlace de Curro e a AP9.

Estas actuacións permitirán que a AG-41 poida funcionar con dous carrís por sentido desde o enlace coa AP-9 no mes de xullo, o que contribuirá a reducir os problemas de retencións que tradicionalmente presentou a conexión entre a AP-9 e a Autovía do Salnés nos meses estivais.

Así, entre o 20 e o 30 de xuño realizaranse varios cortes de tráfico nos ramais de acceso e saída da AP-9 con motivo da execución destes traballos. Polo que respecta aos vehículos que circulen en dirección AP-9 procedentes da AG-41, terán que abandonar a autovía polo enlace de Mosteiro e circular pola PO-531, en sentido Vilagarcía ou en sentido Pontevedra, para incorporarse á AP-9 nas saídas 110 ou 129 respectivamente. Os coches que queiran acceder á AG-41 dende a AP-9, terán que abandonar a AP-9 nas saídas 110 (vehículos procedentes de Santiago) ou 129 (procedentes de Pontevedra) e circular pola PO-531 ata a AG-41.

Estes cortes terán os seguintes horarios aproximados:

HORARIO
INCIDENCIA
ITINERARIO ALTERNATIVO A/DESDE VILAGARCÍA (NORTE AP-9)
ITINERARIO ALTERNATIVO A/DESDE PONTEVEDRA (SUR AP-9)

  20/06/2012
09:00 a 22:00 h
Non se pode acceder dende AG-41 á AP-9 no PK 119 
Abandonar a autovía polo enlace de Mosteiro e circular pola PO-531 en sentido Vilagaría e logo pola N-640 en sentido Caldas para incorporarse á AP-9 na saída 110
Abandonar a autovía polo enlace de Mosteiro e circular pola PO-531 en sentido Pontevedra para incorporarse á AP-9 na saída 129
22:00 h día 20 a 07:00 h día 21
Non se pode saír da AP-9  no PK 119  para acceder á AG-41
Abandonar a AP-9 na saída 110 e circular pola N-640 en sentido Vilagarcía e logo pola PO-531 en sentido Pontevedra ata o enlace de Mosteiro da AG-41
Abandonar a AP-9 na saída 129 e circular pola PO-531 en sentido Vilagarcía ata o enlace de Mosteiro da AG-41

25/06/2012
18:00 h día 25 a 07:00 h día 26
Non se pode acceder dende AG-41 á AP-9 no PK 119 
Abandonar a autovía polo enlace de Mosteiro e circular pola PO-531 en sentido Vilagaría e logo pola N-640 en sentido Caldas para incorporarse á AP-9 na saída 110
Abandonar a autovía polo enlace de Mosteiro e circular pola PO-531 en sentido Pontevedra para incorporarse á AP-9 na saída 129

26/06/2012
22:00 h día 26 a 07:00 h día 27
Non se pode saír da AP-9  no PK 119  para acceder á AG-41
Abandonar a AP-9 na saída 110 e circular pola N-640 en sentido Vilagarcía e logo pola PO-531 en sentido Pontevedra ata o enlace de Mosteiro da AG-41
Abandonar a AP-9 na saída 129 e circular pola PO-531 en sentido Vilagarcía ata o enlace de Mosteiro da AG-41

27/06/2012
22:00 h día 27 a 07:00 h día 28

No seguinte plano móstranse os desvíos a executar para realizar as obras da capa de rodadura.

Esta situación manterase ata o 22 de xuño de 2012, data en que o tráfico deste treito da AG-41 en ambos sentidos de circulación, será desviado a través do enlace de Mosteiro con motivo da execución das capas de rodadura e da sinalización horizontal no treito. A duración deste último desvío será entre os días 22 e 29 de xuño de 2012.

Durante todo o tempo en que os desvíos estean operativos manteranse informados aos usuarios da AG-41 e da AP-9 a través dos paneis de mensaxería variable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario