Landín Eirín participa na Deputación na xornada sobre os cambios na xestión de residuos.A provincia camiña cara a un "SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS CONXUNTO" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

miércoles, 20 de junio de 2012

Landín Eirín participa na Deputación na xornada sobre os cambios na xestión de residuos.A provincia camiña cara a un "SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS CONXUNTO"

A colaboración do departamento que dirixe Agustín Hernández tamén consistirá en actuar como interlocutor cos sistemas integrados de xestión de residuos

A XUNTA FINANCIARÁ OS ESTUDOS PREPARATORIOS DO SERVIZO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS CONXUNTO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

§         O conselleiro de Medio Ambiente salienta as iniciativas xa postas en marcha pola institución que preside Rafael Louzán como o servizo de recollida e xestión de aceites de uso doméstico ou de vehículos fóra de uso
§         Aposta por activar medidas e accións que permitan avanzar na implantación e eficiencia das recollidas selectivas das distintas fraccións, como presuposto esencial para acadar un modelo ambiental, técnica e economicamente viable
§         Destaca o valor da xestión de residuos, que presenta importantes retos ambientais ao tempo que oportunidades de desenvolvemento

Pontevedra, 20 de xuño de 2012. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, colaborará economicamente coa Deputación de Pontevedra no financiamento dos estudos preparatorios para impulsar a prestación conxunta de servizos de recollida de residuos nos concellos da provincia de Pontevedra, unha liña de acción que abandeira a Deputación Provincial de Pontevedra.

Así o confirmou esta mañá o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, durante unha xornada sobre os cambios na xestión de residuos coa nova Lei 22/2011, onde engadiu que ademais da colaboración económica tamén se actuará como interlocutor cos sistemas integrados de xestión, operadores fundamentais neste proceso.

Salientou que a Deputación de Pontevedra xa avanzou pasos nese camiño, como o feito de poñer en marcha un servizo de recollida e xestión de aceites de uso doméstico ou de vehículos fóra de uso.

Segundo manifestou Hernández, estas políticas de actuación permitirá avanzar na implantación e eficiencia das recollidas selectivas das distintas fraccións, como presuposto esencial para acadar un modelo ambiental, técnica e economicamente viable baseado na valorización e na máxima redución das necesidades de vertido.

Agustín Hernández argumentou que as deputacións provincias, tal e como está a facer a de Pontevedra, poden asumir un papel vertebrador e fundamental no tocante á xestión de residuos. Na súa opinión, débese revalorizar a súa función de asegurar o acceso da poboación aos servizos mínimos de competencia municipal e mesmo trascendéndoa, para servir de ponte entre os concellos, como interlocutores directos cos produtores de residuos urbanos, e a Xunta de Galicia da que emana a planificación autonómica en materia de residuos.

Trasladou todo o apoio do Goberno galego ás entidade locais que están a poñer en marcha novos instrumentos de cooperación e xestión, acadando con iso unha maior eficiencia ecolóxica e económica.

Ao mesmo tempo que engadiu que, canalizar esta vontade de colaboración a través das deputacións é sen dúbida unha opción intelixente, xa que garantirá unha mellor coordinación e permitirá aproveitar sinerxias para unha mellor xestión, favorecendo a implantación de melloras no sistema de recollida selectiva e diminuíndo os custos que soportan os orzamentos municipais.

Puntos limpos da provincia
O conselleiro de Medio Ambiente tamén se referiu á rede de puntos limpos que na actualidade existen na provincia de Pontevedra. Destacou o esforzo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén realizando para dotar aos concellos pontevedreses de infraestruturas de xestión de residuos, como mostran os 29 puntos limpos implantados na provincia.

Ademais, coa construción do punto limpo de Vila de Cruces que iniciará as súas obras en poucas semanas e que conta cun investimento de máis de 262.000 euros, acadarase unha rede de puntos limpos na provincia que se eleva a 30.

Oportunidade de emprego
Na súa intervención, Hernández destacou que a xestión de residuos presenta importantes retos ambientais, pero tamén oportunidades de desenvolvemento, posto que contribúe ao aforro de custos nos procesos produtivos; favorece o desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras; e fomenta a xeración de emprego de calidade.

Aclarou que cumprindo a lexislación europea correctamente aforraríanse 72.000 millóns de euros ao ano e crearíanse máis de 400.000 postos de traballo ata o horizonte de 2020 no conxunto da Unión Europea.

Declarou que a crise económica non pode ser un obstáculo no camiño cara a sociedade da reciclaxe; senón todo o contrario, debe converterse nun estímulo para reflexionar e apostar por novas fórmulas máis eficientes no consumo dos recursos, matizou


No hay comentarios:

Publicar un comentario