Alarma en Barro por un importante incendio forestal. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

lunes, 27 de junio de 2011

Alarma en Barro por un importante incendio forestal.

Os equipos de extinción de incendios forestais desprazaron ata o lugar un hidroavión, tres avionetas e dous helicópteros.
Este mediodía declarábase no concello de Barro un incendio forestal, posiblemente provocado pola vaga de calor que está a afectar Galicia esta fin de semana. O monte afectado, pertencente á Xunta de Montes da Portela, comezou a arder ó redor das 2 e cuarto da tarde. Sen embargo, unha mala coordinación dos medios de extinción empeorou a situación. 
 
Os equipos de extinción de incendios forestais trasladaron ata o lugar un hidroavión, tres avionetas e dous helicópteros.
Nestes traballos incluso participaron os bombeiros do Salnés, que non contan co equipamento axeitado para a extinción de incendios forestais. Os efectivos acudiron ante a alarma pola proximidade das lapas a unha fábrica da zona. 
 
Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, que debido ás lapas tiveron que cortar un tramo da estrada PO-224, que permaneceu pechado ó tráfico ata preto das 5 e cuarto da tarde.
Ó longo desta tarde o incendio, que chegou a queimar preto de seis hectáreas de monte, seguía activo, pero os equipos de extinción conseguiron controlalo. 

Podes ver o video da noticia aquí, na web de Canal Rias Baixas. 




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario