A Xunta de Galicia tramitou o pagamento de 156 millóns de euros de axudas FEAGA destinadas ao apoio da renda dos agricultores e á intervención de mercados agrícolas - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

domingo, 5 de junio de 2011

A Xunta de Galicia tramitou o pagamento de 156 millóns de euros de axudas FEAGA destinadas ao apoio da renda dos agricultores e á intervención de mercados agrícolas

FEAGA
En detalle entre os pagos efectuados por FEAGA están os destinados á ordenación de mercados agrícolas (con 7,5 millóns de euros) e as axudas directas (149 millóns de euros). Na ordenación de mercados agrícolas abárcanse, entre outros sectores, o programa de froita na escola, axudas ao sector vitivinícola, programa de leite para escolares e axudas específicas para o sector lácteo e apicultura. No caso das axudas directas destínanse ao réxime de pagamento único, pagamento por superficie cultivada, gando bovino ovino e cabrún, pagamentos de produtos lácteos e modulación.

FEADER
No tocante aos Fondos Feader 2010 destacan -entre outros- as axudas para a instalación de agricultores mozos, modernizacións das explotacións agrarias, aumento do valor económico dos bosques, axudas agroambientais, recuperación do potencial forestal e a conservación e mellora do patrimonio rural.

Máis información desta noticia no seguinte enlace da Xunta de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario