BAROSA: Nova xestión do muiño. Cultura,Lecer e Gastronomía, as novas propostas. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 7 de junio de 2011

BAROSA: Nova xestión do muiño. Cultura,Lecer e Gastronomía, as novas propostas.

No último pleno celebrado no Concello, adxudicouse a xestión do muiño de Barosa á unha UTE na que está a empresa CHOCOLATE FACTORY, que pertence ó grupo Esmerarte, coñecido por organizar na nosa zona o CULTURA QUENTE de Caldas de Reis ou tamén por organizar o VIGO TRANSFORMA, que cumplirá este ano a súa segunda edición en Vigo, co artista MOBY como estrela do mesmo.

Os proxectos que esta UTE ten para esta nova etapa do muiño, pasan por abordar e misturar a gastronomía, a cultura e o lecer.

Dentro das ideas que manexan, pensan abordar dentro da gastronomía, a micoloxía, os caldos de Barro, no lecer actividades relacionadas co mundo equino, a celebración de concertos ó aire libre no verán e dentro do muiño en inverno, con actuacións en vivo, entre outras moitas ideas que xa iremos vendo e que todavía están debullando nas súas cabezas.

Tamén dentro do entorno que é, un parque natural, a cultura vai xogar un papel moi importante, e preténdese incorporar a natureza mediante un proxecto de Aula de Estudos de Botánica por exemplo.

Como xa anunciáramos hai uns días coas obras a piques de rematar en Barosa, abrese unha nova etapa en Barro, e culminará un proxecto do goberno do popular Landín, que empezara hai moitos anos coa recuperación duns muiños, e que hoxe xa é unha realidade de un Parque Natural, que se convertirá nun dos referentes turísticos do noso concello. Moita sorte á xente que empeza esta aventura tan atractiva como ilusionante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario