O día 22 de Maio ás 21.00 horas cando o recién electo José Antonio Landín, candidato do Partido Popular de Barro, gañaba as eleccións outra volta máis, atopábase diante do concello co grupo de veciños do Edificio Adelfa, que levaban todo o día indo dun colexio electoral a outro a modo de protesta. Alí, diante do edificio do Concello, José Antonio Landín, fixo a súa primeira promesa, como xa publicamos anteriormente, para a nova lexislatura: Arranxar a acera nun prazo de 1 mes, é dicir, o 22 de Xuño.
Xa podemos adiantar que a día de hoxe este veciños teñen o servicio reclamado, tal e como explicou algún veciño, pero aínda quedan peticións pendientes coa promotora como xa explicaron no seu día.
Dende Voz de Barro, desexámoslle moita sorte, e agardemos que entre todos teñamos un Barro mellor.
martes, 21 de junio de 2011
New
Edificio Adelfa: O alcalde Landín cumpriu o seu primeiro compromiso da lexislatura.
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
concello
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario