O importe total previsto para esta liña para ascende a 4.500.000 euros, distribuído nos anos 2011 e 2012
Estas subvencións están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2011.
O obxectivo destas axudas é fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas no ano 2011 en réxime de competencia competitiva, fomentando as especies forestais en terreos non agrícolas; diminuíndo as masas forestais monoespecíficas mediante o aumento da diversidade; aumentando a superficie forestal arborada e diminuíndo o risco de incendios forestais mediante a valorización dos terreos forestais.
Beneficiarios e exclusións
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta Orde os propietarios particulares, as sociedades e agrupacións de ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes en man común que sexan propietarios dos terreos.

Ditos terreos deben atoparse dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, estar clasificados no SIXPAC como forestal (FO), pasto con arboredo (PA) ou pasto arbustivo (PR) con exclusión dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da administración central ou autonómica; dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa; dos bosques que pertenzan a empresas públicas e dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
Conceptos subvencionables
O obxecto principal desta Orde é a realización da forestación e área de defensa contra incendios forestais mediante a plantación de coníferas (piñeiro do país, piñeiro silvestre, piñeiro insigne e pseudotsuga) e castiñeiro para froito en superficies de pendente inferior ao 10%.

Os importes de subvención corresponderán, como máximo, co 80% do valor máximo de investimento subvencionable no caso de forestación en zonas desfavorecidas e co 70% do valor máximo de investimento subvencionable no resto dos casos. Ademais, poderase conceder unha prima de mantemento destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación, durante cinco anos en terras agrícolas abandonadas que non sexan de entidades de dereito público.
Tamén é posible conceder axudas para infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta Orde (peche, apertura de pista forestal, arranxo de pista forestal).
Financiamento
O importe previsto para as axudas de fomento da primeira forestación ascende a 4.500.000 de euros, distribuído nos anos 2011 e 2012. Para facer fronte ás primas de mantemento destínase unha partida adicional de 6.000.000 de euros nas anualidades dende 2013 ata 2017 (1.200.000,00€ por ano). Estas axudas fináncianse polo FEADER (57,56%), polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (21,42%) e pola Administración Galega (21,02%).

Solicitudes
As solicitudes das axudas deberán ser cubertas no modelo formalizado que se facilitará polos órganos periféricos e centrais da Consellería do Medio Rural. As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Único da Xunta, nos rexistros oficiais dos Departamentos Territoriais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/92 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e, irán dirixidas ao Conselleiro do Medio Rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario