Para os efectos desta convocatoria, enténdese por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura en Galicia. Poderán optar a estas subvencións as fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e que desenvolvan as súas actividades habitualmente na nosa Comunidade Autónoma.
Os que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes contado a partir do día de mañá.As entidades interesadas deberán presentar unha memoria, o máis detallada posible, relativa ao programa ou actividade, que deberá incluír: a contribución ao fomento e difusión da cultura e da lingua galega; o potencial número de beneficiarios do programa ou actividade; a repercusión territorial do programa; o calendario de execución do mesmo; o orzamento desagregado; e un breve resumo das actividades culturais levadas a cabo durante os dous últimos anos. Voluntariamente poderá achegarse calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que sexa pertinente para a mellor valoración do programa presentado.
Máis información en www.xunta.es no DOG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario