Unha  manobra prohibida foi o desencadeante do sinistro. Segundo se recolle  no informe de Protección Civil, o condutor dun turismo marca Opel Corsa  que circulaba pola PO 531 sentido Pontevedra decidiu realizar un cambio  no sentido da marcha pouco antes de chegar á igrexa de Barro, nun lugar  cunha liña continua e no que non se permite realizar este viro. Polo  carril contrario circulaba unha moto con dous ocupantes que se atoparon  de súpeto co coche batendo contra el polo lado do ocupante. Como  resultado do choque, a parella de motoristas caeu da moto resultando  feridos de diversa consideración. Trátase dun mozo e unha moza que foron  trasladados en ambulacia cara o hospital Montecelo, el con fractura  nunha boneca e varios cortes e ela por dor nas cervicais. 
 No  que respecta ós ocupantes do coche, unha parella de mediana idade e de  nacionalidade alemana, non foi preciso trasladalos ó centro médico. Tan  só a muller presentaba varios cortes nos cóbados a consecuencia dos  cristais que estouparon tralo choque. 
 Ata  o lugar do suceso desprazouse unha dotación de atestados, a Garda Civil  de Tráfico, Protección Civil de Barro e dúas ambulancias do 061. 
O video da noticia na web de CanalRiasBaixas. 
No hay comentarios:
Publicar un comentario