Municipais 2011: 11/06/2011 Toma de posesión dos concelleiros e elección do alcalde de Barro. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

martes, 7 de junio de 2011

Municipais 2011: 11/06/2011 Toma de posesión dos concelleiros e elección do alcalde de Barro.

O vindeiro sábado día 11 de Xuño, tal e como se establece no calendario electoral, tomarán posesión os concelleiros electos nas pasadas eleccións do 22-M, como publicamos anteriormente.

Cunha distribución de 6 concelleiros acadados, o PP, obtivo a victoria, unha vez máis no noso Concello, e o seu cabeza de lista como alcaldable, José Antonio Landín, repetirá para tomar posesión como Presidente da Corporación Municipal. Por parte do PP de Barro, tomará posesión como nova concelleira na corporación Rosa Varela Magariños.

Como novo concelleiro tamén tomará posesión o cabeza de lista dos socialistas de Barro, José Sanmartín. Os socialistas acadaron 2 concelleiros. Tal e como valorou fai uns días no noso blog, Sanmartín, acadaron uns "bos resultados".

O Bloque repite resultado das anteriores eleccións con 3 concelleiros, os mesmos que xa estaban na corporación que agora chega ó seu fin.

Dende Voz de Barro, agardamos que esta sexa unha lexislatura na que se rematen infraestructuras pendentes e tamén se inicien novos proxectos para facer un Barro mellor para todos os que vivimos aquí. Agardemos que o goberno do PP de Landín, teña a colaboración da oposición, como xa adelantou Sanmartín, como voceiro do grupo municipal socialista. Pola parte do Bloque de Barro non temos información ó respecto, polo que imaxinamos terán a mesma liña de traballo que ata agora.




No hay comentarios:

Publicar un comentario