Festa do Viño de Barro: "I Concurso de pinchos "O Pincho do Viño" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 13 de junio de 2011

Festa do Viño de Barro: "I Concurso de pinchos "O Pincho do Viño"


Dentro das actividades da Festa do Viño de Barro, este ano por primeira vez organízase o "I Concurso de pinchos "O Pincho do Viño". Esta iniciativa de caracter cultural e gastronómico, pretende darlle unha nova dimensión á tan lonxeva Festa do Viño do noso concello. Deixámosvos as bases e animámosvos a participar. Moita sorte e facede bos pinchos.


BASES:

  1. Poderá participar calquer veciño do Concello de Barro, maior de 16 años.
  2. O pincho presentado poderá ser quente, semifrio ou frio.
  3. Deberán presentarse 5 pinchos iguais (4 pinchos para degustar polo xurado e 1 para exposición).
  4. O pincho terá que ter un nome.
  5. Cada participante terá asignado un número que será o que se lle asigne ó pincho e co que concurse.
  6. Os criterios de valoración do pincho serán:
-         Presentación
-         Sabor
-         Creatividade
  1. A puntuación de cada apartado será de 0 a 10 puntos.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:

Ata o día 16 DE XUÑO, nas oficinas do Concello de Barro.(Horario de 9:00-14:00 horas) ou ben enviando un mail a oficinas@barro.es, indicando Nome, apelidos, DNI, enderezo, teléfono de contacto e Nome do pincho. No asunto do correo deberase indicar “CONCURSO DE PINCHOS”

(Conforme á LPD, os datos facilitados só teñen por obxecto a participación neste concurso e non serán utilizados para outro fin. Unha vez rematado dito concurso procederemos á súa eliminación)

LUGAR:
Pazo da Crega, San Antoniño, Barro

HORA E DÍA:
Sábado 18 de Xuño ás 19.00 horas. A recepción dos pinchos será a partires das 18.15 horas.


MEMBROS DO XURADO:

Jorge Sánchez Verdeal, Xefe Dpto. de Hostelería do CFP Carlos Oroza, Pontevedra
Julio Oubiña  / Nacho Crespo. Hotel y Restaurante Quinta de San Amaro, Meaño.
Guillermo Campos. Periodista y Crítico Gastronómico. Grupo HGT, Hostelería Galega e Turismo, Pontevedra.
Membro da Corporación do Concello de Barro.   


Premios:
 1º Premio: Unha cea para duas persoas nun Restaurante de Barro.
 2º Premio: Un microondas donado por Castroman.
 3º Premio: Un vale de compra para canxear en DEKASA (Barro)


No hay comentarios:

Publicar un comentario