A Omix do Concello de Barro, na rede galega do Voluntariado. Xuventude destaca a “novidosa e moderna” Lei galega de acción voluntaria - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

sábado, 4 de junio de 2011

A Omix do Concello de Barro, na rede galega do Voluntariado. Xuventude destaca a “novidosa e moderna” Lei galega de acción voluntaria

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe no acto de inauguración do XIV Encontro Galego de Voluntariado que se celebra en Pontevedra.

Galicia acollerá este ano o XIV Congreso Estatal de Voluntariado baixo o lema ‘Camiños de solidariedade’.

En canto ao Ano Europeo do Voluntariado, Rodeiro destacou que desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado quérese desenvolver unha programación que sirva para visibilizar esta conmemoración durante todo o ano, e que terá como peche o XIV Congreso Estatal de Voluntariado que, baixo o lema ‘Camiños de solidariedade’, acollerá o Pazo de Exposicións e Congresos da Coruña os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro.

Neste congreso, ao que acudirán entidades de acción voluntaria e administracións de toda España, preténdese destacar a unión entre Europa, como ente físico y cultural, e o fenómeno Xacobeo ou os Camiños de Santiago no discorrer polo continente, e de como os peregrinos que desde a Idade Media se achegan ata Compostela son exemplo dunha das primeiras manifestacións de solidariedade.

A xuízo de Rodeiro, a importancia deste evento é dobre, xa que por unha parte desde o ano 2000 non se celebra en Galicia un congreso destas características e, por outra, o evento coincide coa celebración do ‘Ano Europeo das actividades de voluntariado que fomente unha Cidadanía Activa’, tal e como foi adoptado pola Decisión do Consello 2010/37/CE, do 27 de novembro de 2007.

Máis información da noticia no seguinte enlace da Xunta de Galicia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario