Proxecto Genaro Borrás: Xornadas sobre primeiros auxilios na provincia de Pontevedra. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 9 de junio de 2011

Proxecto Genaro Borrás: Xornadas sobre primeiros auxilios na provincia de Pontevedra.




QUE É O PROXECTO GENARO BORRÁS
O proxecto Genaro Borrás nace da necesidade e preocupación pola saúde dos deportistas. Millóns de persoas federadas practican algunha actividade deportiva e precisan de persoal cualificado e material de primeiros auxilios preto deles.
Deste xeito xorde a idea de crear un proxecto que englobe estas características e necesidades actuais. E nada mellor que denominalo Genaro Borrás, para darlle a importancia que este galego ilustre tivo no mundo do deporte.
PROFESORADO
O doutor García Cota, médico da Selección Española de Fútbol, dará charlas de formación e falará sobre a prevención de lesións así como da planificación dunha programación deportiva. Do mesmo xeito os fisioterapeutas Senén Cortegoso, da Selección Española de Fútbol, e E. José Santomé, que leva máis de 10 anos no R. C. Celta, disertarán sobre a recuperación de lesións e a vendaxe funcional.
Acudirá tamén o profesorado da Federación Galega de Salvamento.
DESTINATARIOS
Este curso vai dirixido a equipos e clubs federados da provincia de Pontevedra (adestradores, directivos, xogadores...) de calquera modalidade deportiva e persoas vinculadas a eles que sexan maiores de 18 anos.
PROGRAMACIÓN
  • Vigo os días 17, 18 e 21 de xuño na sede da Deputación (c/Oporto, núm. 3), co seguinte horario: o venres de 17:00 h a 21:00 h; o sábado de 9:00 h a 13:00 h e de 16:00 h a 19:00 h, e o martes de 19:30 h a 22:30 h.
  • Pontevedra os días 17, 18 e 20 de xuño no edificio administrativo (Avenida Montero Ríos), co seguinte horario: o venres de 17:00 h a 21:00 h; o sábado de 9:00 h a 13:00 h e de 16:00 h a 19:00 h, e o luns de 19:30 h a 22:30 h.
  • Morrazo-concello de Cangas os días 24, 25 e 28 no Auditorio (Avenida Lugo), co seguinte horario: o venres de 17:00 h a 21:00 h; o sábado de 9:00 h a 13:00 h e de 16:00 h a 19:00 h, e o martes de 19:30 h a 22:30 h.
  • Salnés-concello de Cambados os días 24, 25 e 27 na Casa da Cultura (Praza do Concello s/n), co seguinte horario: o venres de 17:00 h a 21:00 h; o sábado de 9:00 h a 13:00 h e de 16:00 ha 19:00 h, e o luns de 19:30 h a 22:30 h.
INSCRICIÓN
A solicitude de inscrición (segundo o modelo) deberá presentarse no rexistro da Deputación de Pontevedra (Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra), na oficina da sede de Vigo (c/Oporto, núm. 3, 36201 Vigo) ou por calquera dos seguintes medios:
  • Fax: 986 229 622
  • Correo electrónico: info.vigo@depo.es
A data límite de inscrición para os cursos de Vigo e Pontevedra será ata o 15 de xuño e para os de Cangas e Cambados ata o 22 de xuño.
PRAZAS
As prazas serán limitadas (máx. 40 persoas) e o curso totalmente gratuíto


Máis información, e inscripcións na páxina da Deputación de Pontevedra



No hay comentarios:

Publicar un comentario