Actualmente estanse a rematar as excavacións do tronco da obta viaria.O nó pequeno dá acceso a Curro e á estrada de Barro, así como a antiga comarcal C-531 Pontevedra-Vilagarcía, mediante un proxecto que inclúe unha depresión da actual estrada.
Sobre esta estrada enterrada nun amplo tramo situarase a rotonda que permitirá todos os movementos entre os dous lados desta poboación e, ademais, a conexión coa actual estrada Pontevedra-Vilagarcía PO-531.O supernó constitúe a saída lóxica da autovía de Sanxenxo cara á AP-9 que, no futuro, realizarase mediante catro carrís, sen o tapón que representan os dous actuais.
Ademais, dará continuidade á PO-531, asegurará a conexión dos polígonos industriais de Barro-Meis e os enlaces coa rede de estradas autonómicas e da Deputación. O supernó levará un primeiro nivel que posibilitará a conexión da autovía do Salnés e autoestrada AP-9. No segundo,habilitarase unha glorieta de 180 metros de diámetro que conectará a antiga estrada C-531 que dá servizo aos polígonos, a estrada PO-531 en dirección Vilagarcía (da que sae a PO-300 cara a Cambados) e os oito ramais de interconexión cos troncos principais. Carrís exteriores enlazarán AP-9 e autovía a Vilagarcía e a PO-531 Pontevedra-Curro coa autovía do Salnés.
En síntese, as obras consisten basicamente nun enlace a tres niveis entre a AP-9, a autoestrada AG-41, a futura autovía a Vilagarcía de Arousa, a PO-531 e a PO-300, incluídos os catro ramais directos para os tráficos principais. Ata o momento tense executado aproximadamente o 55% da obra prevista.
Actualmente estanse a rematar as escavacións do tronco da obra, comezando en breve prazo a modificación do desvío da AG-41, que pasará de dous a tres carrís evitando así os atascos que se producen no Salnés nos meses do verán.
Ademais comezarán os labores de colocación das vigas dos pasos superiores e construción do segundo paso superior de execución con autocimbra. Despois do verán comezará a realización do terraplén e pavimentación para facer os desvíos que levarán a fase 3 da obra e que permita construír a zona sur do enlace.
O macroenlace que se está a construir en Curro, á parte de necesitar varias estruturas, obrigará a construír 14 quilómetros de novos viarios concentrados nas zonas das obras. Trátase de 4,6, que corresponden ao eixo principal e 10,5 aos ramais de conexión. Ademais serán necesarios tres viadutos (un no eixo principal e dous nos secundarios), 5 pasos inferiores e 3 pasos superiores, todo iso combinado con 22 obras de drenaxe.
De feito unha das dificultades na programación dos traballos ven dada polo risco de asulagamento de algunhas zonas da obra, polo que os calendarios poden variar á espera das tarefas dede drenaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario