A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, vén de publicar unha “Guía de verán”, destinada a axudar á mocidade a organizar as súas vacacións durante os próximos meses. Nela, proporcionáselles recursos tanto para viaxar, como para axudalos a atopar un traballo, prácticas para estudantes ou outras actividades formativas.
Este documento está dispoñible na páxina web http://xuventude.xunta.es, onde se pode consultar ou tamén descargar. O obxectivo é proporcionar información útil que sirva aos interesados a planificar a súa actividade –de ocio ou traballo- nos meses do verán.
Deste xeito, na Guía pódese atopar desde os documentos necesarios para viaxar e onde se poden solicitar (así como a documentación previa que é necesaria para conseguilos); como os distintos tipos de carné que permiten ter descontos en viaxes, albergues, museos, ou transportes. Trátase de acreditacións como o carné xove, o Go-25, o de estudante internacional (ISIC) ou o de alberguista, que nas súas distintas modalidades dan dereito a utilizar máis de 180 albergues xuvenís en España e máis de 5.000 pertencentes a outros países membros da Federación Internacional de Albergues Xuvenís.
Ademais, nesta Guía os mozos e mozas tamén atoparán recursos destinados a facilitarlles o uso dos transportes públicos, tanto en España como no resto de Europa, entre os que destacan servizos como os pases de Interrail.
As recomendacións para viaxar non rematan aí. Tamén hai consellos de saúde (por exemplo, as vacinas necesarias para distintos países, pero tamén outras recomendacións de uso cotiá); información sobre zonas de acampada e parques naturais; e tamén sobre festas de interese turístico.
Con todo, o documento non inclúe só recursos para o ocio, senón que dedica distintos apartados á completar a formación e vida laboral da xuventude. Deste xeito, ofrece información útil para atopar traballo no verán ou para conseguir prácticas para os estudantes. Ao mesmo tempo, informa tamén sobre cursos de verán e outras iniciativas educativas.
domingo, 26 de junio de 2011
New
Xuventude publica unha “Guía de Verán” para axudar á mocidade a organizar as súas vacacións ou para atopar traballo no verán
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
xuventude
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario