Na mañán de onte efectivos do Parque de Bombeiros de Pontevedra, desprazaron duas unidades de intervención para acudir a dito incendio que se declarou no lugar de San Antoniño.. Ademáis acudiu tamén unha ambulancia no dispositivo de emerxencia.
Todo veu coordinado polo servicio do 112 Galicia, despois dunha chamada dos veciños.
O foco activo do incendio foi na cociña, con fume, a vivenda estaba sen ocupantes nese momento e os bombeiros atoparon a porta forzada. A vivenda está situada no segundo piso do edificio da farmacia, diante da Praza do Viño.
A extición fíxose con auga e a ventilación do incendio foi natural. A zona da campana extractora foi a orixe do lume, e a cociña foi a parte que presentou máis danos.
A información foi facilitada polo corpo de Bombeiros de Pontevedra.
martes, 28 de junio de 2011
New
Incendio en San Antoniño(Barro) sen víctimas,causa desperfectos nunha vivenda
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
incendios
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario