Cata - degustación da cervexa artesá SARAMAGAL (de AGUDELO) promovida a través de fondos Leader.
Este acto para socios do GDR terá lugar o día 28 de xuño na cafetería do  Pazo da Cultura de Pontevedra ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria do  GDR Pontevedra - Morrazo, que será ese mesmo día ás 20.00 horas.
Dentro deste grupo de traballo encóntrase o Concello de Barro, e apoiaron a iniciativa de creación da cervexa artesá SARAMAGAL (de AGUDELO). O promotor da iniciativa foi Bieron Agudelo SL, cuxo administrador é Marta                  Fontan Cabada.
Cun orzamento de 19.455,57 € o GDR Leader, aproboulle unha axuda de 7.295,84 €. Dita axuda tivo por obxecto a reforma e adaptación dun inmoble destinado á creación creación dunha  adega artesanal de cervexa, e dotación do equipamento necesario para  optimizar ata niveis rendibles a capacidade produtiva e garantir un  procesado de volume continuo e uniforme.
Trátase dunha sociedade de  recente creación,  pero sen ter iniciada a súa actividade empresarial  agás na fase exclusivamente de aprendizaxe e posta a punto experimental  do seu proceso produtivo, e que presenta como obxeto social principal:  elaboración, embotellado e comercialización de cervexa artesanal baixo a  marca distintiva "Saramagal".
Máis información da empresa na sua web, http://saramagal.es 
jueves, 23 de junio de 2011
New
Cata-degustación da cervexa artesá SARAMAGAL( AGUDELO) promovida a través de fondos Leader.
XM de Voz de Barro
 Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com 
saramagal
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario