Queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con condicións desfavorables a normativa prohibe sempre o uso do lume
Ante as previsións meteorolóxicas adversas para as próximas horas e días, a Consellería do Medio Rural decidiu suspender, ata novo aviso, a concesión de permisos para a realización de queimas nos montes galegos.
Esta decisión ten efectos inmediatos, polo que hoxe xoves, 23 de xuño, será o último día para realizar estas queimas, sempre e cando se cumpran as condicións adecuadas.
Deste xeito, queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con condicións desfavorables a normativa prohibe sempre o uso do lume.
Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas previstas para os vindeiros días.
jueves, 23 de junio de 2011
New
URXENTE: Medio Rural suspende dende mañá venres os permisos de queimas ata novo aviso
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
xunta
Etiquetas:
lume,
medio rural,
xunta
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario