Xunta de Galicia: COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 16 de junio de 2011

Xunta de Galicia: COMPARTE SAUDE. DOA SANGUE.

Hoxe iniciamos aquí unha colaboración co CTG (Centro de Transfusión de Galicia) na que semanalmente, poremos a información facilitada para que poidamos colaborar na Doazón de Sangue,indicando donde se atoparán as unidade móbiles do CTG por se queredes acudir a calquera punto da provincia.

Estas son as algunhas das razóns, para doar sangue:


HOXE haberá moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, leucemia, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia....

Para poder atendelos precisamos 500 doazóns de sangue cada día.
Necesitamos sangue de todos os grupos sanguíneos.
SON MOITOS OS MOTIVOS PARA DOAR, NON OS ESQUEZAS.
COMPARTE SAUDE.DOA SANGUE

A solidariedade está dentro de tí.........DOA SANGUE

Para resolver calquera dúbida sobre a doazón de sangue, coñecer o día no que visitan as unidades móbiles cada concello ou deixar as súas suxestións, contactar con:

Teléfono gratuíto: 900 100 828
e-mail: doadoressangue.ctg@sergas.es



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario