O xurado que avaliou os pinchos dos veciños estivo representado por importantes persoas do sector gastronómico, no ámbito educativo, por parte de Jorge Sánchez Verdeal, que é Xefe do Dpto. de Hostelería do CIPF Carlos Oroza de Pontevedra, no ámbito empresarial, por parte de Julio Varela, propietario e cociñeiro da "Quinta de San Amaro" en Meaño e no ámbito da crítica periodística Victoriano Castro, da empresa Grupo HGT. Por parte do Concello de Barro, estivo presente no xurado a concelleira Rosa Varela.
Os gañadores do concurso foron a veciña de Curro Oli Fernández, co primeiro premio ". Certamente o seu pincho tiña moitas papeletas para gañar, xa que Oli estudou hostelería no Carlos Oroza, e polo tanto ten unha grande preparación culinaria. Agárdanos unha nova estrela da cociña en Barro? O tempo nolo dirá.
O segundo premio recaiu no veciño da Portela, Manuel Parrado, con "Pizarra Agridulce" coñecido por todos por ser uns dos máximos exponentes en carreiras de orientación (publicamos un artigo hai uns días) e que polo visto tamén ten boa man para a cociña. Mozas: está solteiro, cociña ben, e guapo........
E xa o terceiro premio foi para Mónica Cons, veciña de Barro, que sorprendeu ó xurado cun pincho "Bombachón sorpresa de 2 queixos" que todos podedes ver aquí nas fotos.
Oli Fernández |
Manuel Parrado |
Mónica Cons |
Julio Varela, Rosa Varela,Victoriano Castro, e Jorge Sánchez, membros do xurado. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario