Vinte e dúas adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas participaron este ano na Festa do Viño de Barro, unha celebración que xa vai pola súa 32 edición e que pechou de novo cun alto índice de participación. Desde a súa inauguración puidéronse degustar no recinto do Pazo da Crega un total de 29 marcas de Rías Baixas. De entre elas, dezasete participaron no Certame de Viños Rías Baixas no que o albariño Terra de Asorei se fixo co primeiro premio.
Membros do panel de cata do Consello Regulador e da Serenísima Orde do Lagariño eran os encargados de avaliar momentos antes da entrega de premios as elaboracións que se presentaron a concurso. En segundo lugar quedou clasificado o Rías Baixas Castel de Bouza, e o terceiro premio foi para Terras de Lantaño. Pero estes non foron os únicos viños premiados. No marco desta festa distinguíronse ata vinte elaboracións máis de entre as que participaron noutro concurso, o de colleiteiros. Os primeiros premios por categorías foron para Casa Villa de Amigo en brancos do país, Manuel Parrado en tintos, Guadalupe González fíxose coa distinción ó mellor caíño e Celso Calvo destacou no apartado de albariños.
A Festa do Viño de Barro inaugura a tempada de exaltacións vinícolas que se sucederán durante os meses de verán, co cumio, no caso da DO Rías Baixas, na Festa do Albariño de Cambados. Esta de Barro contou co apoio institucional do conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño, así coma os alcaldes de Meis, Portas e Cotobade.
O video da noticia na web de CanalRiasBaixas.
Jorge Cubela, Agustín Hernández,Rafael Louzán,José Luis Estevez e José Antonio Landín na entrega de premios.Foto cedida por Batallán, gracias. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario