Axudas: Plan Renove de Equipos de Climatización de Economía e Industria, de ata o 25% do custo total da obra, pódense solicitar ata o 30 de xuño. - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 6 de junio de 2011

Axudas: Plan Renove de Equipos de Climatización de Economía e Industria, de ata o 25% do custo total da obra, pódense solicitar ata o 30 de xuño.

Esta campaña do Inega leva máis de 1.100 solicitudes de axuda e aínda quedan dispoñibles uns 270 mil euros do millón de euros de orzamento total.

Ata o próximo 30 de xuño estarán abertas as axudas do Plan Renove de Equipos de Climatización do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), adscrito a Economía e Industria. As persoas interesadas en solicitar unha subvención ao abeiro deste programa, de ata o 25% do prezo do equipo e da súa montaxe, deberán dirixirse a unha entidade colaboradora adherida ao Plan, que vai ser a encargada de vender, de instalar o equipo e de solicitar a axuda.

Mediante este Plan subvenciónase o cambio de caldeiras, equipos de climatización ou bombas de calor convencionais pola compra doutros equipos de alta eficiencia enerxética. A listaxe de entidades colaboradoras, 333 ata este momento, pódese consultar na páxina web do Inega, www.inega.es. O prazo de adhesión remata a final da campaña, o 30 de xuño.

Para poderen ser beneficiarios, os solicitantes terán que acreditar que son persoas físicas ou xurídicas, de dereito público ou privado, propietarias de vivendas ou edificios do sector terciario que teñan a súa sede en Galicia.

O Plan Renove de Equipos de Climatización leva rexistradas a día de hoxe 1.138 solicitudes de axuda despois de que se abrise o prazo para pedilas o pasado 3 de febreiro. Isto supón que actualmente o Plan aínda ten dispoñibles 272 mil euros do 1 millón de euros de orzamento total.

Máis información neste enlace da Xunta de Galicia, INEGA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario