Concello de Barro: Concurso de fotografía "Imaxes de Barro 2012" - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

jueves, 15 de marzo de 2012

Concello de Barro: Concurso de fotografía "Imaxes de Barro 2012"

BASES VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “IMAXES DE BARRO” 2012.CONCELLO DE BARRO

1. CATEGORÍAS:
Recunchos con encanto en Barro.
A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.

2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista.

1er PREMIO:
Recunchos con encanto en Barro. =75 €
A viña e o viño,... = 75 €

PREMIO FINALISTA:
Recunchos con encanto en Barro. =45 €
A viña e o viño,... =45 €

3. CÓMO PARTICIPAR:
Poderán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante poderá presentar un máximo de 2 fotografías polo que non se aceptarán máis de 4
fotografías por persoa.
As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara
analóxica ou dixital.
Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós seguintes requisitos:
- Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 30 cm., en color ou en branco e
negro e en soporte dixital.
No dorso de cada fotografía deberá figurar:
- categoría
- temática.
- lema igual para o conxunto de fotografías.
- título de cada una.

Exemplo:
Lema: dentro da auga
Titulo da fotografía:xira rio.
Temática: Recunchos con encanto
Nun sobre pechado co mesmo lema e categoría escrito por fora, deberán axuntar os seguintes
datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, lema, título, lugar e data da fotografía.
Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada
nun sobre pechado a: Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2012”. Santo Antoniño Perdecanai,
s/n. 36194 Barro Pontevedra

Calendario:
- A data de recepción comezará o 15 de marzo de 2011 e rematará o 15 Maio de 2012, ambas
inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluídos.
-Venres 18 de maio reunión do xurado.
-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet www.barro.es
durante o mes de maio de 2012.
Xurado:
O xurado estará integrado por:
-Alcalde ou persoa en quen delegue.
-2 expertos en fotografía
-Actuando como secretaria, a Informadora Xuvenil do Concello de Barro.
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade e a calidade fotográfica.
A selección dos ganadores será a discreción absoluta do xurado e o seu fallo será definitivo e
inapelable.
Os premios serán entregados durante a celebración da Festa do Viño durante o terceiro fin de
semana do mes de xuño de 2012, (15,16,17).

4. RESTRICCIONES
-Non se aceptarán fotografías realizadas por persoas distintas o autor ou que non sexan propiedade
do autor.
-Non se aceptarán fotografías que xa se publicaran, exhibiran ou premiaran con anterioridade.
-As fotografías deberán ser realizadas dentro dos límites do Concello de Barro.
O participante manifesta e garantiza ó concello de Barro que é o único titular de todos los dereitos do
autor sobre a fotografía que presenta ó Concurso.
-A participación no Concurso leva a cesión por parte dos gañadores e finalistas a favor do Concello
de Barro dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras fotográficas, e a exposición dos
seus traballos durante o ano 2012. Así mesmo poderán aparecer tanto nas publicacións editadas
polo Concello de Barro con referencia á Festa do Viño como na Web www.barro.es, sempre citando
a procedencia e autor.

-Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados nesta convocatoria serán
descalificados automaticamente.

5. XERAIS
As impresións en papel fotográfico, enviadas o concurso serán devoltas ós participantes que
pasarán a recollelas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello.
Correrá a cargo de cada participante o risco por perdidas ou danos ás fotografías durante o envío.
O enviar a súa imaxe, o participante acepta cada un dos termos e condicións aquí expostas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario