Entre outros servizos, contémplase o de recollida de lixo. Louzán asegurou que isto non suporá unha suba de impostos.
Facelo  seguimento dos traballos para a posta en marcha da xestión conxunta da  recollida de lixo, animais domésticos abandonados e outros servizos a  nivel provincial. Este vai selo cometido da Comisión de Alcaldes que se  ven de constituír na provincia de Pontevedra. 
Na  súa primeira xuntanza, abordaron o Plan previsto pola Deputación para a  recollida de residuos. Un Plan co que desde a administración provincial  buscan, segundo explicou o seu Presidente, Rafael Louzán, ofrecer un  servizo máis eficiente, eficaz e menos custoso a curto- medio prazo.
Esta  uniformidade, asegurou Louzán, non vai supoñer unha suba de impostos. E  engadiu que, unha vez en marcha a xestión conxunta, se é necesario  desde a Deputación axudarán economicamente para regularizala situación  sen ter que prexudicar ós cidadáns. 
E  é que desde a Deputación son conscientes que a recollida de lixo é un  servizo deficitario. Medidas como fomentala reciclaxe permitirá aforrar  custes no servizo.
De  cara a planificar un servizo provincial máis efectivo, de mellor  calidade e de menor custo, Louzán informou que unha auditoría externa xa  está traballando concello a concello para analizala situación actual da  recollida do lixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario