Concello de Barro e Deputación: Campamentos de Verán na Lanzada para nen@s de 8-13 anos
 Louzán incidiu en que este ano a selección dos participantes farase por medio dun sorteo electrónico ante notario
A DEPUTACIÓN LEVARÁ ESTE ANO Á LANZADA A PRETO DE 3.000 NENOS E NENAS, NO MARCO DO SEU PROGRAMA DE CAMPAMENTOS DE VERÁN
·        Terán preferencia os rapaces que non participasen en anos anteriores
A  Deputación de Pontevedra levará este ano a preto de 3.000 nenos e nenas  á Lanzada (O Grove), no marco do programa de campamentos de verán que  vén desenvolvendo desde fai máis de dúas décadas nas instalacións que  posúe no Grove.
Así  o anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, quen  destacou como novidade para este ano a selección dos participantes por  medio dun sorteo electrónico ante notario para que, segundo indicou,  “non poida haber ningunha dúbida sobre a legalidade e a transparencia”  desta selección.
No  sorteo, que se realizará en función das quendas de participación, terán  prioridade aqueles solicitantes que non obtiveran praza nos anos  anteriores e tamén se terán en conta outros datos, como os solicitantes  que sexan irmáns. 
Os  campamentos desenvolveranse entre o 24 de xuño e o 8 de setembro –en  quendas de 7 días- e van destinados a nenos e nenas nacidos entre 1999 e  2004, ambos os dous anos incluídos. 
Os  participantes pasarán unha semana nos campamentos de A Lanzada no que  “para moitos vai ser unha experiencia inolvidable” e onde terán a  oportunidade de participar en múltiples actividades, que van desde o  sendeirismo ata a vela, e unha excursión á Illa de Ons.
O prezo será de 68 euros por praza, xa que “non se vai incrementar en nada o prezo” con respecto ao ano anterior.
GRAN ÉXITO
Rafael  Louzán puxo de manifesto o gran éxito que teñen estes campamentos, para  os que hai unha elevadísima demanda. Así, lamentou que, malia os  esforzos por incrementar as prazas cada ano –que pasaron das 400 de 2004  ás case 3.000 da actualidade-, adoitan quedar fóra case outros 3.000  nenos.
Louzán  informou que a Deputación está a traballar para que se poidan ampliar  as prazas, co obxectivo de que no prazo de dous anos se lle poida dar  cabida a practicamente todos os que queren participar.
Así  mesmo, anunciou que coa posta en marcha da Pousada da Lanzada darase  cumprido tamén outro dos obxectivos da Deputación, que é todas as  persoas teñan as mesmas oportunidades, polo que “a Pousada vai permitir  que persoas con discapacidade poidan ter alí, unha vez que comece a  funcionar, a oportunidade de disfrutar dese espazo, igual que o fan  agora nos campamentos os nenos que non teñen ningunha discapacidade”.
Ademais,  Rafael Louzán anunciou que se está traballando para que se poidan  organizar, incluso este mesmo ano, campamentos de verán na propia Cidade  Infantil Príncipe Felipe, xa que ten as instalacións axeitadas:  piscina, instalacións deportivas e unha residencia con capacidade para  80 persoas que podería ser utilizada.


No hay comentarios:
Publicar un comentario