Nunha xuntanza celebrada na tarde do venres no Pazo Provincial e na que tamén participaron varios deputados e alcaldes, como o de Barro Landín Eirín, así como titular de Infraestruturas da Xunta de Galicia, Agustín Hernández, Louzán fíxolle entrega á ministra dun dossier coas que considera prioridades da provincia, entre as que se inclúen os tres temas citados e outras actuacións de menor calado pero igualmente relevantes e orientadas a resolver “pequenos problemas” que se están planteando na provincia en materia de infraestruturas.
Louzán subliñou a vontade política de Ana Pastor de atender os intereses desta provincia, demostrada xa en actuacións concretas como son o avance nas obras do nó do Pino, o socavón da N-541 en Cotobade ou os compromisos adquiridos coa Alta Velocidade.
Tras salientar esta mañá na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que Ana Pastor é unha “persoa crible, convincente e determinante no cumprimento dos seus compromisos” , Louzán fixo especial fincapé nas infraestruturas en torno ao aeroporto de Peinador, onde incidiu na necesidade de mellorar os seus accesos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario