URXENTE: A Xunta suspende os permisos de queima ata novo aviso - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

lunes, 12 de marzo de 2012

URXENTE: A Xunta suspende os permisos de queima ata novo aviso

  • Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos

En previsión dun incremento progresivo do vento, que unido á persistente seca aconsella tomar esta medida preventiva



A Consellería do Medio Rural e do Mar decidiu suspender, ata novo aviso, a concesión de permisos de queima en toda Galicia, o que implica tamén que quedan en suspenso os xa concedidos.

Esta medida preventiva adoptouse diante do progresivo incremento do risco de incendio (medido polo Índice de Risco Diario de Incendio, IRDI), unido á persistente seca e a previsión dun incremento na forza do vento nas vindeiras horas.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación nos últimos días, tendo en conta o incremento rexistrado na actividade delictiva incendiaria, que se ve favorecida polas condicións climáticas, e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario