Os socialistas de Barro reunironse con comerciantes autonomos de venta ambulante que forman parte de varias asociacions do sector, entre elas ACAPAG – Asociacion de Comerciantes Ambulantes e Plaza de Abastos de Galicia-.
O encontro tivo lugar este pasado venres na sede da agrupación local co obxectivo de analizar a situación actual do mercado e avanzar na busca de alternativas reais a feira dominical, dado que dende o goberno local non se atisban solucions inmediatas e despois de 5 anos da existencia do mercado sen recibir un solo euro para as arcas municipais.
Dende os socialistas de Barro somos conscientes da importancia desta actividade para o desenvolvemento economico do municipio pero consideramos que se debe impulsar unha xestion diferente dado que a actual esta caduca por incumplento total do contrato.
De todos e coñecido a debeda de 48 mil euros que ten contraida a actual empresa que xestiona a feira co concello , ademais de non disponer de seguro de responsabilidade civil, e non aportar ningunha relacion dos postos existentes.
Por todos estes motivos o organismo ORAL de Pontevedra esta en via de execucion para o cobro do importe pendente.
Os socialistas de Barro dubidamos en gran medida de que esta empresa Rias Lacha acabe cumplindo finalmente co pagamento e por tal motivo estamos traballando nunha alternativa para a creación duna feira regulada con documentación, legalizada, publica e transparente.
Os comerciantes ambulantes anteriormente mencionados e os socialistas de Barro creemos que outra feira e posible e ofrecemos a nosa colaboración o Concello para que a situación actual remate canto antes. Ambas partes pensamos que debe ser o Concello o que directamente xestione o mercadillo, abrindo mesmo a posibilidade de que comerciantes e productores agrícolas locais poidan vender as suas mercadorias.
Neste contexto, a agrupación socialista de Barro volverase a reunir en datas proximas con membros de varias asociacions de comerciantes ambulantes de Galicia para tentar dar forma a unha nova iniciativa que mellore as condicions da actual feira de Barro.
Na reunion mantida este pasado venres tamen se decidiu establecer un prazo de 15 dias para que tanto o Concello como a Empresa Rias Lacha S.L se pronuncien.
No caso contrario, no vindeiro encontro e a vista das ilegalidades que se veñen reproducindo cada domingo adoptaremos outro tipo de medidas.
sábado, 17 de marzo de 2012
New
OS SOCIALISTAS DE BARRO ESTUDIAN CON COMERCIANTES AMBULANTES UNHA ALTERNATIVA A ACTUAL XESTION DA FEIRA
XM de Voz de Barro
Voz de Barro. Mail: vozdebarro@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario