A
directora de Turismo de Galicia e o presidente da Mancomunidade do Salnés
asinaron esta mañá o convenio de colaboración
§
As actuacións están destinadas
á internacionalización do destino, á execución dun plan de e-marketing, ao
desenvolvemento de produtos turísticos, á promoción e comercialización do
destino e a elaboración dun plan estratéxico comarcal
§
Nava Castro destaca o carácter
estratéxico desta iniciativa que continuará consolidando este xeodestino como
un destino turístico de referencia e logrará un importante impacto positivo nas
economías locais
§
En 2015, o xeodestino da ría
de Arousa acolleu ao 16,8% da demanda hoteleira rexistrada en Galicia
A Xunta, a través da
Axencia de Turismo de Galicia, achegará 200.000 euros para a promoción do
turismo nos concellos da Mancomunidade do Salnés. Así se recolle nun convenio
de colaboración asinado esta mañá entre a responsable de Turismo do Goberno
autonómico, Nava Castro, e o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán. No
acto tamén estivo presente o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José
Manuel Cores Tourís.
O convenio, que estende a súa vixencia ata
2017, actuará no ámbito territorial da Mancomunidade do Salnés, conformada
polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa,
Cambados, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo e O Grove. Nava Castro fixo fincapé
no carácter estratéxico desta iniciativa para continuar consolidando este
xeodestino como un destino turístico de referencia e lograr un importante
impacto positivo nas economías locais.
A directora de Turismo de Galicia afirmou que,
con esta achega, se aposta pola coordinación administrativa para lograr unha
xestión eficaz e un sector turístico competitivo e de calidade. Así mesmo, Nava
Castro enfatizou a labor que realiza a Mancomunidade e a importancia de
iniciativas deste tipo na consolidación de Galicia como un destino
multiexperiencial, cunha oferta segmentada e desestacionalizadora.
Internacionalización
e promoción do Salnés
Co acordo asinado hoxe, Xunta de Galicia e
Mancomunidade do Salnés traballarán en cinco liñas de actuación sobre este
xeodestino galego: a internacionalización, a execución dun plan de e-marketing, o desenvolvemento de
produtos turísticos, a promoción e comercialización do destino e a elaboración
dun plan estratéxico comarcal.
En canto á internacionalización, elaboraranse contidos
para novos mercados como o ruso parlante e porase en marcha unha campaña de
promoción en plataformas para os residentes españois deste segmento. Tamén se
celebrarán tres fam trips dirixidos aos
mercados ruso parlante, Reino Unido, alemán e francés e porase en marcha un
servizo de tradución ao inglés para o sector hostaleiro.
No relativo á execución dun plan de e-marketing, elaboraranse e publicaranse
contidos en redes sociais e no blog Descubre
O Salnés. Así mesmo, tamén se traballará no desenvolvemento de produtos
turísticos como a Ruta Padre Sarmiento ou a Ruta Variante Espiritual, unha
oferta turística que combinará o patrimonio natural co cultural. Entre outras
accións, tamén se realizará unha reedición dos mapas comarcais.
Datos
do turismo no xeodestino Ría de Arousa
Esta non é a primeira vez que Turismo de
Galicia fai unha achega deste tipo para a promoción turística da Mancomunidade
do Salnés. O convenio asinado hoxe constitúe unha continuación da colaboración
establecida nesta área a través dos Plan de Dinamización Turística e Excelencia
Turística e os seus posteriores convenios.
Neste sentido, a directora de Turismo de
Galicia apostou polo impacto positivo que está tendo este traballo conxunto no
ámbito da Ría de Arousa como xeodestino turístico. Así, Nava Castro explicou
que, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, este territorio acolleu
en 2015 o 16,8% do total da demanda hoteleira rexistrada en Galicia.
No pasado ano, segundo afirmou Nava Castro, o
xeodestino da Ría de Arousa rexistrou un incremento do 9,7% dos viaxeiros aloxados
en establecementos hostaleiros, situándose preto dos 443.000, e un aumento do
12,5% nas pernoitas efectuadas polos mesmos, chegando aos 1,29 millóns. Segundo
sinalou, este aumento da demanda tamén se traduciu nun aumento da ocupación de
5,7 puntos porcentuais.
SAÚDOS,
COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario