A Xunta
destina máis de 7,33 millóns de euros ás mesmas
§
Ata o 27 de
maio pódense solicitar as axudas de rehabilitación rural, en conxuntos
históricos e nos Camiños de Santiago
§
As axudas de
rehabilitación edificatoria e para a obtención do informe de avaliación do
edificio teñen de prazo ata o 4 de xuño
§
Continúa
aberto o prazo de solicitudes de axudas da Área de Rehabilitación dos Camiños
de Santiago ata o 30 de novembro deste ano
A Xunta
de Galicia lembra que as axudas para rehabilitación rural e nos Camiños de Santiago,
para rehabilitación edificatoria e para os informes de avaliación dos edificios
pódense solicitar ata finais de maio e comezos de xuño. Concretamente, ata o
próximo 27 de maio está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de
axudas de rehabilitación de vivendas no medio rural, en conxuntos históricos e
nos Camiños de Santiago, segundo establece a Resolución de convocatoria
publicada polo Diario Oficial de Galicia o pasado 27 de abril.
Estas subvencións contan
cunha dotación de catro millóns de euros, dos que 3,5 serán destinados a axudas
para a rehabilitación de vivendas no ámbito rural e outros 500.000 euros
destinaranse a actuacións en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago.
Estas axudas de rehabilitación nos Camiños de Santiago son complementarias das
que se conceden ao abeiro da Área de Rehabilitación dos Camiños de Santiago,
cuxo prazo de solicitude continúa aberto ata o 30 de novembro de 2016.
Son subvencionables as
actuacións de remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de
edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago que
conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior ao 18 de
maio de 2014 para o ámbito rural e 1 de xaneiro de 2013 para o ámbito histórico
e Camiños de Santiago.
Estas axudas súmanse aos
3,2 millóns de euros tamén destinados este ano á rehabilitación de vivendas na
ARI dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos das catro provincias
galegas. Asemade, os convenios asinados en outubro de 2015 para o financiamento
das Áreas de Rehabilitación Integral incluían axudas por importe de preto de
9,5 millóns de euros, que serán executadas ao longo de 2016. Cabe salientar que
a meirande parte das ARI galegas corresponden con conxuntos históricos de vilas
e cidades.
Rehabilitación
edificatoria
Por outra parte, o día 4
de xuño rematará o prazo para a presentación de solicitudes de axuda ao abeiro
da Orde que regula o programa de rehabilitación edificatoria do plan de
alugueiro e rehabilitación 2013-2016, que foi publicada no DOG o pasado 4 de
abril e ás que a Xunta destinará destinará 2.734.497 euros.
Estas axudas están
destinadas a cubrir parte dos gastos da realización de actuacións de
rehabilitación, consistentes na execución de obras e traballos de mantemento e
intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, nos elementos e
espazos comúns, en edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os
requisitos establecidos no plan de alugueiro e rehabilitación:
a)
Estar finalizados antes de 1981.
b)
Polo lo menos o 70% da súa superficie construída sobre rasante teña uso
residencial.
c)
Polo menos o 70% das vivendas constitúan o domicilio habitual das persoas
propietarias ou arrendatarias.
Poden beneficiarse das
mesmas as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de
propietarios, así como as persoas físicas que sexan propietarias únicas dun
edificio de carácter predominantemente residencial.
A contía máxima das
subvencións a conceder por edificio non poderá superar o importe de 11.000
euros por cada vivenda e a mesma contía por cada 100 metros cadrados de
superficie útil de local. Dita contía será de 12.100 euros cando se trate de
edificios declarados bens de interese cultural, catalogados ou que conten con
protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente. Ao
mesmo tempo, a axuda máxima non poderá ser superior ao 35 por cento do importe
total da actuación, excepto no caso de actuacións de mellora da accesibilidade,
no que poderá chegar ao 50 por cento.
Informe de
avalación do edificio
Tamén o 4 de xuño remata
o prazo para a presentación de solicitude de axudas ao abeiro da Resolución
pola que se regulan as axudas a propietarios de vivendas para a obtención do
informe de avaliación dos edificios, publicada no Diario Oficial de Galicia o 4
de abril de 2016, cunha dotación de 600.000 euros.
Poden acceder a estas
axudas as comunidades de propietarios e as agrupacións de comunidades de
propietarios, legalmente constituídas, así como as persoas físicas propietarias
únicas de edificios de carácter predominantemente residencial, que conten co
informe de avaliación do edificio antes de que finalice o prazo de solicitude
das axudas (catro meses). Entre a documentación que deberán presentar os
solicitantes atópase o propio informe de avalación do edificio, a factura e os
comprobantes bancarios de pago da mesma.
A contía máxima da axuda
será de 20 euros por cada vivenda con que conte o edificio e outros 20 euros
por cada 100 metros cadrados útiles de locais, sen que en ningún caso a contía
correspondente a cada edificio poida superar os 500 euros nin o 50 por cento do
custe do informe de avaliación do edificio, IVE aparte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario