Os técnicos aconsellan renovar o
tratamento contra o Mildeu, aínda que xa se aplicara na semana pasada, por
detectar unha reaparición xeneralizada dos síntomas desta enfermidade
Tamén se insta a incrementar a vixilancia ante a aparición
do Oidio, cuxos primeiros síntomas xa se detectaron en plantas de variedade
tinta
A
Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de recomendar no seu aviso fitosanitario
de hoxe a necesidade de volver a aplicar tratamentos contra o Mildeu nas viñas,
posto que por causa das condicións climáticas desta semana volvéronse detectar
novos síntomas da enfermidade. Na EFA teñen constancia de que a aparición
destes síntomas é xeneralizada por toda a provincia, pero comprobaron nas súas
parcelas de seguimento que a maior incidencia se está apreciando nas comarcas
do Rosal e do Condado.
Os
técnicos aseguran que a pesares de que moitos propietarios xa aplicaron
tratamentos a pasada semana, este é un momento de especial sensibilidade polo
que se debe volver aplicar. Desde Areeiro advirten que o risco de infección por
Mideu será elevado a curto prazo coincidindo coas condicións metereolóxicas
inestables, con humidade e temperaturas suaves, as máis propicias para a
aparición e expansión da enfermidade. Sen embargo, espérase que a previsión de
tempo seco a partires do día 30 reduza o nivel de infección.
O
aviso desta semana tamén advirte da aparición dos primeiros síntomas de Oidio
desta tempada. Como é habitual, a enfermidade comeza en plantas de variedade
tinta moi sensible. Non se ten detectado aínda en albariño nin noutras
variedade pero como xa se produciu a primeira aparición, a EFA recomenda
incrementar a vixilancia, sobre todo neste momento de pre-floración das
plantas, que é o estado fenolóxico más sensible a este fungo.
Onde
non se recomenda aplicar ningún tratamento é nas roturas de brotes debidas ao
vento da semana pasada. A pesares de
que se produciron roturas en case todas as comarcas, non se considera necesario
dar tratamentos para axudar á cicatrización posto que non se considera que o
dano sufrido o requira.
En
canto ao Black Rot non se apreciou incremento de intensidade nos síntomas
durante esta semana. Aconséllase manter a vixilancia sobre a evolución das
manchas producidas por este fungo, posto que as chuvias soen implicar risco de
contaminación.
En
canto á aparición de polillas do racimo, de Altica e de ácaros non se
detectaron evolucións significativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario