O vicepresidente, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia,
Santiago Villanueva, participaron no acto institucional do ‘Día da
Seguridade Privada 2016’
En 2012, o Ministerio do Interior
habilitou á Agasp para a formación do persoal da seguridade privada, un
sector no que en Galicia traballan ao redor de 4.000 persoas
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avogou hoxe polo traballo
conxunto e coordinado das forzas de seguridade públicas e privadas para
conseguir unha Galicia máis segura. Rueda participou no acto
institucional do Día da Seguridade Privada 2016, que se celebrou na
Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada e estivo organizado
pola Delegación do Goberno en Galicia.
Ademais do vicepresidente,
tamén participaron neste acto o delegado do Goberno en Galicia, Santiago
Villanueva, o xeneral da Garda Civil, José María Feliz Cadenas, o xefe
Superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez, o director xeral de
Emerxencias e Interior, Luis Menor, o presidente do Colexio Oficial de
Detectives de Galicia, José Luis León Rey, e o tenente de alcalde da
Estrada, Juan Constenla.
O vicepresidente da Xunta lembrou que en
2012 a Agasp foi habilitada polo Ministerio do Interior para a formación
do persoal da seguridade privada, un sector que engloba a unhas 4.000
persoas en Galicia. Desde entón, o obxectivo da Academia foi converterse
nun centro de referencia para todo este persoal de seguridade que
traballa na nosa Comunidade.
Neste sentido, abríronse as portas da
Academia que, por exemplo, o mes pasado acolleu o Primeiro Congreso
Autonómico na materia, no que máis de 200 profesionais recibiron a
formación necesaria para complementar o seu labor co das forzas
públicas.
Rueda explicou que formarse xuntos, compartir
experiencias e compartir coñecementos facilita a mellor conexión e a
mellor coordinación entre todos os actores e por iso a Academia
estradense quere acadar unha perspectiva integral da formación do
persoal da seguridade en Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario