- Jesús Vázquez Almuiña visitou hoxe a sede da Asociación Rexurdir, en Pontevedra
O
conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe a aposta
“decidida” do Servizo Galego de Saúde pola completa normalización da atención
ao paciente con trastornos adictivos. Nisto trabállase, explicou, conxuntamente
co persoal dedicado ao diagnóstico, manexo e tratamento de trastornos adictivos
e co resto de profesionais sanitarios, especialmente os dos servizos de
Atención Primaria, Urxencias e Psiquiatría. “É unha tarefa complicada, pero ao
mesmo tempo ilusionante”, asegurou.
Neste
sentido, lembrou que hai dous meses fíxose entrega na Consellería dos convenios
de colaboración asinados entre o Sergas e as entidades sen ánimo de lucro que
desenvolven programas de atención á saúde mental e trastornos aditivos.
As
actividades promovidas no marco destas subvencións, explicou, permiten promover
a adopción de estilos saudables de vida e de ocupación do tempo libre entre os
adolescentes e mozos galegos; potenciar, nos diversos colectivos nos que se
intervén, factores de protección e reducir o impacto de determinados factores
de risco asociados ao consumo de drogas; que outros colectivos implicados na
prevención (familias, docentes, tecido asociativo diverso) funcionen como
axentes de saúde; e reducir a incidencia de diversos problemas sociosanitarios
relacionados co uso e abuso de drogas.
Vázquez
Almuiña visitou hoxe a sede da Asociación Rexurdir, á que manifestou o seu
recoñecemento polo seu labor e compromiso na atención a persoas con trastornos
aditivos. Neste sentido, lembrou que esta entidade traballa con este obxectivo
desde 1994 cun proxecto de loita contra as adicións e envorcado cara a
reinserción social de persoas vulnerables.
Rexurdir
colabora coa Consellería de Sanidade a través de dúas vías. Unha é por medio do
convenio anual para o Programa de Atención Xurídico Social, que ten por obxecto
prestar servizo xurídico-social á persoas que teñen problemática asociada coas
drogas e que seguen tratamento nas Unidades Asistenciais de Drogodependencias
de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e O Grove, así como no Centro Penitenciario
da Lama.
A outra é a
orde de vivendas de apoio ao tratamento de drogodependencias, para a
realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes
estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias,
que ten como finalidade apoiar ás persoas a tratamento de deshabituación de
trastornos adictivos para facilitar a súa incorporación social e promover unha
vida autónoma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario