CASE 200 CLUBS DA PROVINCIA RECIBIRÁN NOVO MATERIAL DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de mayo de 2016

CASE 200 CLUBS DA PROVINCIA RECIBIRÁN NOVO MATERIAL DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA



A entidade provincial licitou 240.000 euros para esta iniciativa, que pretende promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas

A Deputación de Pontevedra repartirá nos próximos días, a través dos concellos da provincia, novo material entre 196 clubs deportivos. En total, trátase de 8.790 balóns e pelotas (de fútbol, fútbol 8, fútbol sala, baloncesto, balonmán, tenis, tenis de mesa e voleibol), 17.360 unidades de diverso material deportivo (bandas elásticas, conos, petos, cordas de ximnasia, esterillas e picas) e 469 redes (de fútbol, fútbol sala, fútbol 8, baloncesto, balonmán, voleibol, bádminton, tenis, tenis de mesa e mini-porterías).

Con esta iniciativa, a institución provincial apoia ás asociacións e clubs deportivos que traballan na promoción e o fomento do deporte base cun noivo modelo no que os concellos son partícipes canalizando o reparto de material. O pulo ás actividades deportivas está sendo unha premisa na Deputación de Pontevedra, polo que este ano incrementou nun 9,2% o orzamento destinado a deportes con respecto ao ano pasado. O investimento total para esta área en 2016 é de 6 millóns de euros, medio millón máis que no ano anterior.

No que vai de 2016 a Deputación de Pontevedra xa aprobou as bases para axudar o deporte de base e entidades e clubs que participan en competicións federadas nacionais e náuticas e estanse a valorar as peticións. Ademais segue aberto o prazo para que os clubs poidan presentar as súas propostas para actividades deste ano 2016 e nas próximas semanas aprobaranase as bases para as axudas a actividades extraordinarias e deportistas olímpicos

No hay comentarios:

Publicar un comentario