Esta medida foi aprobada polo
Consello da Xunta do día 4 deste mesmo mes de maio
§
O Bono mensual pasa de 150 a 200
euros nas sete grandes cidades e a 175 euros nas principais vilas
§
Tamén se incrementa de 450 a 600 a
axuda única que se concede para os gastos derivados da formalización de novos
contratos de alugueiro ou para o pago de atrasos
§
Finalmente, tamén se poderán
beneficiar desta axuda os usuarios adheridos ao programa Aluga que cumpran os
requisitos
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o incremento de
en ata 200 euros mensuais o importe do Bono de Aluguer Social, segundo
establece a Orde que tamén establece modificacións no referido aos colectivos
que poden beneficiarse destas axudas. No seguinte enlace pódense consultar
todos os datos: http://goo.gl/XUH26H.
Esta medida foi
aprobada polo Consello da Xunta do día 4 deste mesmo mes de maio.
En concreto, o importe mensual do Bono de
Aluguer pasará dos 150 euros actuais a 200 nos concellos da Coruña, Ferrol,
Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Nestes municipios, os
beneficiarios do Bono poderán alugar vivendas cunha renda máxima de 400 euros.
Asemade, o importe do Bono incrementase ata 175
euros mensuais nos concellos de Ames, Ares, Arteixo, As Pontes de García
Rodríguez, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, Cee, Cedeira, Culleredo, Fene,
Melide, Mugardos, Narón, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Padrón, Pontedeume,
Ribeira, Sada e Teo. Burela, Cervo, Chantada, Foz, Monforte de Lemos, Ribadeo,
Sarria, Vilalba, Viveiro, Allariz, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Carballiño,
Celanova, Ribadavia, Verín e Xinzo de Limia. A Estrada, A Illa de Arousa,
Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Gondomar, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, O
Grove, O Porriño, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo, Tui,
Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Nestes municipios o importe máximo
mensual do alugueiro non poderá sobrepasar os 350 euros.
No resto de concellos o importe do Bono de
Aluguer Social será de 150 euros mensuais e o importe do alugueiro non poderá
superar os 330 euros mensuais.
Máis beneficiarios
A Orde publicada hoxe no DOG tamén amplía os
posibles beneficiarios do Bono de Alugueiro Social, incorporando a aquelas
persoas que, tendo sido beneficiarias do Programa Aluga, rematasen o período de
desfrute desta subvención dentro dos nove meses anteriores á data da
presentación da súa solicitude de subvención do programa do Bono Alugueiro
Social e acrediten non ter capacidade económica para o pago da vivenda.
Estes solicitantes deberán cumprir dous
requisitos:
·
Que non se lles interpuxese unha demanda por danos
causados na vivenda alugada incorporada ao programa Aluga.
·
Que non teñan débedas derivadas de subministracións da
vivenda alugada no marco do Programa Aluga por un período superior aos dous
meses.
Este novo colectivo vénse sumar aos que xa
podían acceder a estas axudas, que eran os seguintes:
·
As persoas que precisen dunha axuda para asumir o
custo do arrendamento da súa vivenda por estar inmersas en situacións de
especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora
dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas ou que se ditara
unha resolución xudicial nun procedemento de similar natureza.
·
As vítimas de violencia de xénero con dificultades
para asumir o custe do arrendamento dunha vivenda e que no a momento da
solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede
galega de acollemento para este colectivo e adscritos a unha administración
pública.
·
As unidades de convivencia con dificultades para
asumir o custe do arrendamento dunha vivenda e que foran privados da súa
vivenda habitual por danos sufridos nesta derivados dunha circunstancia
imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
Axuda complementaria
Finalmente, a devandita Orde incrementa de 450 a
600 euros o importe da axuda única que se concede para os gastos derivados da
formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pago de atrasos no caso
de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.
A convocatoria de axudas, realizadas pola Orde
do 23 de decembro de 2015, ten un importe total de 4,025 millóns de euros. As
solicitudes poden presentarse ata o 30 de novembro de 2016, salvo que o crédito
se esgote previamente.
A axuda mensual concédese por un período de 12
meses ampliable por outros 12. O IGVS revisará e aplicará estas melloras ás
persoas que xa perciben o Bono de Alugueiro Social ao abeiro da actual
convocatoria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario