A Deputación de Pontevedra acolleu esta mañá ás 200 mozas e mozos con
titulación universitaria e graos superiores de formación profesional que
realizarán a súa primeira práctica laboral, durante un ano, tanto en servizos
da propia institución provincial como en concellos de menos de 50.000 habitantes
da provincia.
As mozas e mozos do Plan de Práctica Laboral en servizos da Deputación de
Pontevedra e concellos de menos de 50.000 habitantes terán unha remuneración
que oscila entre os 800 €, para persoas con titulación universitaria, e os 700
€, con ciclos superiores de formación profesional, por xornadas de 37,5 horas
semanais, cotizando á seguridade social e con dous días de descanso por mes
traballado. A través desta actuación, a institución provincial pretende
completar a formación académica das mozas e mozos e facilitar a súa inserción
laboral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario