§
Estas actuacións deben
acometerse na primavera, trala xerminación das especies herbáceas e con tempo
seco
§
Desbrozaranse máis de 740
quilómetros de vías e pintaranse arredor de 350
A Xunta de Galicia deu
comezo nos últimos días aos traballos de limpeza
das marxes e iniciará en canto a climatoloxía o permita a campaña de renovación da sinalización
horizontal das estradas da rede autonómica na provincia.
Trátase sobre todo de desbroces e repintados que deben facerse
durante esta época, cando xa xerminaron as especies herbáceas, con tempo seco. A limpeza das cunetas incrementa, ademais, a efectividade da estrada como cortalume
en caso de incendio.
As actividades de mantemento, desbroce e
segado da vexetación nas marxes das estradas iniciáronse
na última semana de abril, empezando nas zonas onde a vexetación, por
particularidades climáticas ou biolóxicas, presenta un estado máis avanzado.
Actuarase sobre máis de 740 quilómetros da
rede autonómica de estradas na provincia de Pontevedra.
Deste xeito, increméntase a seguridade na
circulación ao mellorar as condicións de visibilidade e diminuír a presenza de
materia potencialmente esvaradiza; optimiza a capacidade de evacuación dos
sistemas de drenaxe da estrada (cunetas, tubos...), evitando estancamentos por
vexetación; favorece a percepción da irrupción de animais na calzada con maior
antelación, permitindo dispoñer dun maior tempo de reacción ao condutor para
evitar posibles colisións; e ademais, o aspecto limpo disuade de posibles
verquidos incontrolados.
A renovación da
sinalización horizontal consiste, na súa parte fundamental, no repintado das
marcas viarias. Nesta campaña está previsto o repintado de ao redor de 350
quilómetros de estrada. Os traballos se iniciarán en canto a climatoloxía sexa favorable e serán
completados nos meses de verán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario