A XUNTA APOSTA POR SUMAR ESFORZOS E COLABORAR PARA QUE SE INFORME DAS 12 MEDIDAS QUE IMPULSA PARA REFORZAR O APOIO ÁS FAMILIAS EN RISCO DE PERDER A SÚA VIVENDA HABITUAL - Voz de Barro. Noticias

Breaking

El tiempo en Barro

El tiempo - Tutiempo.net

viernes, 6 de mayo de 2016

A XUNTA APOSTA POR SUMAR ESFORZOS E COLABORAR PARA QUE SE INFORME DAS 12 MEDIDAS QUE IMPULSA PARA REFORZAR O APOIO ÁS FAMILIAS EN RISCO DE PERDER A SÚA VIVENDA HABITUAL



A conselleira de Vivenda, acompañada polo director do IGVS, participou nunha xornada de traballo con profesionais que prestarán asesoramento xurídico gratuíto ao amparo do convenio entre a Xunta e o Consello da Avogacía


§         Ethel Vázquez  subliña que o Goberno galego quere que os avogados teñan información actualizada sobre os cambios normativos e de regulación vivenda e sobre os novos programas de axuda
§         A reunión de hoxe foi un foro de diálogo e de intercambio de opinións no que os avogados informaron das súas experiencias, reflexións e achegas sobre a problemática social en relación coa vivenda
§         A conselleira destaca a necesidade de trasladar a información ás persoas que traballan cos máis desfavorecidos, os que mellor coñecen os casos de dificultade, e polo tanto os que mellor poden asesorar

A Xunta aposta por sumar esforzos e colaborar co fin de que se informe das 12 medidas que impulsa o Executivo autonómico para reforzar o apoio ás familias en risco de perder a súa vivenda habitual, por elo se están a celebrar distintas reunións con diferentes sectores para intercambiar información e reflexións con profesionais da avogacía para reforzar o apoio ás familias en risco de perder a vivenda. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polo director do IGVS, Heriberto García Porto, participou nunha xornada de traballo con profesionais que prestarán asesoramento xurídico gratuíto ao amparo do convenio entre a Xunta e o Consello da Avogacía.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe a necesidade de seguir insistindo nos sectores involucrados coas persoas en risco de exclusión social a importancia de que informen sobre as solucións da Xunta para ofrecer unha resposta áxil ás persoas con dificultades para acceder a unha vivenda.

Grazas a estas xornadas, os representantes legais dos afectados poden coñecer, con todo detalle, os programas de apoio e protección que a Xunta ten activado para dar resposta a aquelas familias que están en risco de perder o seu fogar.

Ethel Vázquez explicou que a reunión “é moi necesaria, para que os que están máis cerca dos que precisan destas medidas poidan coñecer, con todo detalle, os programas de apoio e protección que temos activado para dar resposta as familias que están en risco de perder o seu fogar, posto que son eles as persoas que traballan cada día cos máis desfavorecidos, quen mellor pode coñecer e asesorar posibles casos de persoas en situacións de dificultade”.

A responsable de Vivenda concretou que, “ademais, dunha xornada informativa, queremos que este encontro sexa tamén un foro de diálogo e de intercambio de opinións no que nos poidan trasladar as súas experiencias, reflexións e achegas sobre a problemática social en relación coa vivenda”.

Vázquez lembrou que dentro das medidas atópase “o convenio que asinamos recentemente co Consello da Avogacía Galega polo que se prestará gratuitamente un servizo de asesoramento e orientación xurídica ás familias e persoas sen recursos nos trámites administrativos ou xudiciais que teñen que ver coa perda da súa vivenda habitual por non poder pagar a súa hipoteca ou a súa renda de aluguer”.

“Ademais, engadiu, comprometémonos a dar aos avogados información actualizada sobre os cambios normativos e de regulación vivenda; e sobre os novos programas de axuda que levemos a cabo”. 

Medidas antidesfihuzamentos
A responsable de Vivenda do Executivo autonómico sinalou que na reunión profundizouse nas 12 medidas que, desde o ano 2012 se teñen impulsado desde o Goberno galego para dar unha solución a todas as persoas que se atopan en risco de perder a súa vivenda habitual.

Por exemplo, os convenios que se asinaron coas entidades financeiras, entre elas, a maior entidade financeira de Galicia; o Bono de Alugueiro Social, que ofrece apoio urxente ás familias en risco de perder a súa vivenda por non poder pagar o aluguer ou por encontrarse en situación de especial dificultade; ou o convenio que se asinou co Consello da Avogacía Galega polo que se presta gratuitamente un servizo de asesoramento e orientación xurídica ás familias e persoas sen recursos nos trámites administrativos ou xudiciais que teñen que ver coa perda da súa vivenda habitual.

Unha das medidas nas que se fixo maior reforzo foi o Programa de Vivendas Baleiras, que acaba de aprobar o Consello da Xunta e ao que se poderán adherir voluntariamente os concellos coa sinatura dun acordo de adhesión. Un programa trata de mobilizar as vivendas de particulares, empresas e organismos que se atopan desocupadas para ser destinadas a alugueiro social, contando para isto coa participación dos concellos.

Para favorecer esta medida, desde o Goberno galego financiarase unha serie de garantías: un seguro multirrisco do fogar; e un seguro de garantía do cobro da renda nas mensualidades impagadas, que inclúe asistencia e defensa xurídica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario