§
O delegado territorial
recordou que grazas a estas axudas subvencionáronse as contratacións levadas a
cabo en 32 empresas da provincia entre o 1 de outubro de 2014 e ata o 30 de
setembro de 2015
§
No caso da contratación
indefinida, subvenciónase con 7.000 euros; mentres que as temporais contan
cunha axuda comprendida entre 1.200 euros por un contrato de duración de 6
meses e 3.600 euros no caso de que sexa en prácticas
O delegado territorial da
Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta mañá os case
900.000 euros destinados dende a Consellería de Política Social ao programa de incentivos á contratación dos mozos e mozas inscritos no
Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en 32 empresas da provincia de Pontevedra.
Nesta orde
distinguíronse dúas modalidades de axuda: para contratación indefinida e para
contratación temporal. No caso da contratación indefinida, subvenciónanse as
contratacións con 7.000 euros. Esta contía incrementouse en 600 euros no
suposto de que a persoa contratada fora muller e ata 8.200 euros no caso de que
a contratación fora realizada por empresas pertencentes a sectores
estratéxicos.
Na segunda
modalidade, subvencionou as contratacións de carácter temporal a tempo
completo, así como a súa transformación en indefinido -agás o contrato temporal
para a formación e aprendizaxe-, cunha axuda comprendida entre 1.200 euros por
un contrato de duración de 6 meses e con 3.600 euros no caso do contrato en
prácticas. A súa transformación en indefinidos incentivouse con 2.500 euros.
Estas contías incrementaronse tamén no caso de que a contratación se realizase
cunha muller ou en empresas pertencentes a sectores estratéxicos.
Tal e como
explicou Cores Tourís, as axudas, inscritas no marco do apoio do departamento
autonómico ao acceso ao mercado laboral por parte dos mozos e mozas
desempregados, comprenderon as accións subvencionables levadas a cabo pola
empresa desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.
Para
inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é necesario ter
nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en
España, estar empadroado en calquera municipio español, ser menor de 30 anos,
non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido
accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario