Galicia acadou por 16º
consecutivo a taxa de doazón que recomenda a
Organización Mundial da Saúde
A taxa de doazón galega
sitúase en 41 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, cinco puntos por riba da
media estatal
As 111.250 doazóns de
sangue rexistradas en Galicia no pasado 2015, supuxeron que a nosa Comunidade
Autónoma acadase, por décimo sexto ano consecutivo, as taxas de doazón de
sangue que recomenda a Organización Mundial da Saúde (OMS). Así o salientaron o
director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e a
directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García,
na presentación dos datos de actividade no 2015 do Centro de Transfusión de
Galicia (CTG), integrado a comenzos do presente ano na Axencia.
Marisa
López García indicou que o volume de doazóns de sangue mantívose con respecto
ao ano anterior, aínda que a taxa de doazón incrementouse lixeiramente, por mor
do descenso demográfico, ata acadar as 41 doazóns por cada 1.000 habitantes e
ano, tal e como recolle a táboa seguinte que reflicte a evolución da doazón de
sangue nas catro provincias galegas:
PROVINCIA
|
DOAZÓNS
2014 |
TAXA *
DOAZÓN 2014 |
DOAZÓNS
2015 |
TAXA
DE DOAZÓN
2015 (PADRON 2015) |
A CORUÑA
|
50.050
|
45/1000
|
51.707
|
46/1000
|
LUGO
|
9.050
|
26/1000
|
9.261
|
27/1000
|
OURENSE
|
10.868
|
34/1000
|
10.473
|
33/1000
|
PONTEVEDRA
|
40.787
|
43/1000
|
40.054
|
42/1000
|
GALICIA
|
111.255
|
40/1000
|
111.250
|
41/1000
|
*TAXA
DE DOAZÓN: número de doazóns por cada 1.000 habitantes e ano
Factores sociodemográficos
A
directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos salientou que factores
sociodemográficos como o envellecemento da poboación galega nos últimos anos, o
crecemento negativo e a dispersión da poboación (Galicia posúe o 55% dos
núcleos poboacionais existentes en toda España), son algúns dos factores que
dificultan a organización das campañas de doazón e que poden explicar a
diminución das doazóns que experimentou Galicia nos últimos anos.
Non
obstante, o director xeral de Asistencia Sanitaria apelou á probada
solidariedade dos cidadáns galegos para superar estes obstáculos e incentivar a
participación dos cidadáns, lembrando que a súa colaboración é vital para que
miles de doentes reciban a transfusión dos compoñentes sanguíneos que se
obteñen da doazón.
Distribución
de hemoderivados
Tanto
o director xeral de Asistencia Sanitaria como a directora da Axencia lembraron
o excelente aproveitamento que se está a facer dos distintos compoñentes
sanguíneos froito do traballo conxunto desenvolvida entre o Centro de
Transfusión da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, e de todos os
profesionais que integran os comités de transfusión dos hospitais galegos.
Salientaron a elevada distribución de compoñentes sanguíneos no pasado ano que
cifraron en 105.615 unidades de hemacías, 14.902 unidades de plaquetas e 13.391
litros de plasma fresco conxelado.
A
distribución de hemoderivados experimentou un crecemento do 0,7% e do 3,9% no
tocante ás hemacías e ao plasma fresco conxelado, respectivamente, aínda que as
unidades de plaquetas distribuídas diminuíron un 3,4%
Outros xeitos de doazón
Durante
o acto de presentación do balance de actividades do Centro de Transfusión,
púxose de manifesto a elevada participación dos cidadáns no programa de doazón
mediante aférese, do que, no pasado ano, se rexistraron 6.203 procesos.
A
doazón mediante aférese permite a obtención dos diferentes compoñentes
sanguíneos por separado e nun mesmo proceso e permite mellorar a calidade
transfusional e a asistencia sanitaria a doentes que padecen diferentes
enfermidades como o cancro (leucemias, etc) e nos transplantes de medula ósea.
Así
mesmo, salientouse a excelente evolución do programa de captación de doadores
de medula ósea que se está a levar a cabo a nivel nacional e que supuxo a
inscrición de 1.347 novos doadores no REDMO (Rexistro Español de Doadores de
Medula Ósea), polo que, actualmente, están tipados en Galicia 5.582 doadores de
medula, ademais de 6.385 unidades de sangue de cordón umbilical criopreservadas.
Agradecemento
A
directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, manifestou o seu
recoñecemento a todas as persoas, asociacións e institucións que colaboran nas
campañas informativas a prol da doazón de sangue, especialmente ás Irmandades
de Doadores de Sangue e salientou o papel dos medios de comunicación na
distribución de información vencellada con este xesto solidario.
Así
mesmo tivo verbas de agradecemento para todos os cidadáns que colaboraron
doando sangue, ao longo do 2015, e lembrou que, ata o momento, en Galicia tan
só doan 4 de cada 100 cidadáns, polo que continuarán desenvolvéndose campañas
de doazón para incentivar a incrementar a participación dos galegos e galegas.
Obxectivos 2016
Marisa
López García salientou como principais obxectivos para o presente ano,
incrementar novamente o número de doazóns e a actual taxa de doazón de sangue,
para que se manteña dentro dos parámetros recomendados pola Organización
Mundial da Saúde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario