Os técnicos aconsellan renovar o tratamento contra o Mildeu
nos vindeiros días ante o inicio da floración
Tamén se insta a volver a aplicar os funxicidas contra a
lepra das pexegueiras e pavieiras e contra a bacteriose do kiwi
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de sinalar
no seu aviso fitosanitario de hoxe o inicio do periodo de risco para a
aparición de Oidio nas viñas da comarca polo que aconsella incrementar a
vixiancia. Así mesmo, ínstase a renovar o tratamento contra o Mildeu nos
vindeiros días tendo en conta que se achega o inicio da floración. Con respecto a outros cultivos,
tamén se aconsella aplicar de novo os funxicidas contra a lepra nos
melocotoeiros e na pavieiras, así como contra a bacteriose do kiwi.
Viña
Aínda non
se teñen detectado os primeiros síntomas do Mildeu nin nas variedades
máis sensibles, mais en todo caso, o estado de prefloración marca o inicio dun
periodo de risco para as viñas fronte a esta enfermidade. As condicións
climáticas son favorables ao desenvolvemento do fungo, polo que é preciso
incrementar a vixiancia.
Por outra banda, é preciso renovar os tratamentos
contra o Mildeu nos vindeiros días tendo en conta que se achega o inicio da
floración. Se o viñedo aínda se atopa dentro do periodo de protección teórico
do tratamento anterior pode retrasarse a nova aplicación, pero sen olvidar que
é importante manter o viñedo protexido para evitar danos á colleita potencial.
En canto ao ‘black rot’, esta semana os técnicos
detectaron un incremento dos síntomas da enfermidade e a súa extensión a todas
as comarcas da provincia. Na actualidade non se estima necesario realizar
ningún tratamento, pero advírtese que a receptividade dos acios a este patóxeno
aumenta sensiblemente dende a floración.
Tamén se detectaron os primeiros adultos de
Eupoecilia ambigüella na parcela de seguimento de Tremoedo e tamén de Altica,
un insecto defoliador, na parcela de seguimento de Vide. Non se atoparon aínda
colonias de acariose, se ben en algunas fincas atopáronse prantas con síntomas
que apuntan a enfermidades da madeira, polo que se pode eliminar o brazo
afectado facendo un corte vertical e tratando a ferida.
Melocotoeiro e pavieiras
A semana pasada
indicábase que a loita contra o fungo da lepra debe realizarse desde o inicio
da campaña, ademais dos pertinentes tratamentos invernais con cobre, mais en
calquera caso, os propietarios que non tiveran realizado ningunha actuación
podían aplicar o fuxicida. Nesta semana débese ter en conta que o tratamento é
de contacto, polo que se debe renovar a aplicación en lugares que teñan sufrido
moita choiva.
Kiwi
É preciso renovar os
tratamentos contra a bacteriose cando desaparezan as chuvias e se estabilice a
climatoloxía, xa que debido ás precipitacións os funxicidas cúpricos aplicados
estarán lavados.
Maceira
As capturas de couzas das
maceiras rexistradas nas trampas instaladas en Areeiro e Tremoedo son claro
reflexo de que as poboacións poden variar sensiblemente entre fincas, xa que na
primeira capturáronse dez e ningunha na segunda. Por este motivo os técnicos
consideran importante a instalación desas trampas para non ter que intervir
constantemente e non ter danos na froita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario